Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 164 Xoves, 22 de agosto de 1996 Páx. 7.901

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ACORDO do 10 de xullo de 1996, da Comisión Permanente de Selección de Persoal, para a cobertura de postos de traballo reservados a persoal laboral, constituída ó amparo do Decreto 252/1992, do 30 de xullo, pola que se fan públicas as listas para a cobertura con carácter temporal dos postos correspondentes ó persoal laboral da categoría 31 do grupo II (restaurador/a), de conformidade co contido no apartado terceiro do acordo do 24 de maio da devandita comisión.

Publicado acordo do 24 de maio (DOG nº 108, do 3 de xuño) relativo á publicación das listas para a cobertura de postos de traballo correspondentes a persoal laboral da categoría 31 do grupo II, e unha vez rematado o prazo previsto no apartado terceiro do citado acordo, constatada a existencia dalgúns erros materiais nas listas, esta comisión,

ACORDA:

Primeiro.-Proceder á corrección dos erros materiais constatados nas listas correspondentes á categoría 31 grupo II.

Segundo.-Facer públicas, unha vez corrixidos os ditos erros, as listas correspondentes á categoría

a que se refire o apartado anterior, na forma que a continuación se indica:

Anexo I. Figuran os solicitantes incluídos na lista.

Anexo II. Figuran os solicitantes excluídos con expresión da causa de exclusión.

Terceiro.-Os citados anexos encóntranse expostos nas seguintes dependencias:

-Dirección Xeral da Función Pública da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

-Servicio de Información e Atención ó Cidadán da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

-Delegacións provinciais da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

-Oficinas comarcais da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

Contra o presente acordo poderán os interesados interpoñer recurso ordinario ante o conselleiro da Presidencia e Administración Pública no prazo dun mes a partir da publicación deste acordo.

Santiago de Compostela, 10 de xullo de 1996.

Juan José Álvarez Pérez

Presidente da Comisión Permanente de Selección

6145