Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 164 Xoves, 22 de agosto de 1996 Páx. 7.906

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE CORCUBIÓN

EDICTO (170/1995).

Óscar Méndez Fernández, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Corcubión e o seu partido xudicial, fai saber que neste xulgado se seguen autos de xuízo de xustiza gratuíta nº 170/1995, por instancia de Jesús Hermitas Castro Sineiro, contra a Confraría de Pescadores de Fisterra e outros; nos ditos autos, por resolución do día da data, acordouse dar traslado ós referidos demandados, herdeiros descoñecidos e incertos de Francisco Esmorís Recamán, por edictos, por un prazo común de cinco días, do recurso de apelación interposto polo procurador Leis Rial contra a sentencia do 26 de marzo de 1996, tal e como establece o artigo 734 da Lei de axuizamento civil.

E para que se insira no Diario Oficial de Galicia, para lle dar traslado en forma ó demandado, expídese este edicto en Corcubión o dezaoito de xuño de mil novecentos noventa e seis.

Rubricado

4822