Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 164 Xoves, 22 de agosto de 1996 Páx. 7.906

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE RIBEIRA

EDICTO (190/1995).

En virtude do acordado por providencia desta data, recaída nos autos de pobreza 190/1995, notifícaselle ó demandado José Manuel Fernández Tarrío a sentencia dictada neles, cun encabezamento e parte dispositiva que son como segue:

«Vistos por Ramón Eloy Rodríguez Frieiro, xuíz de primeira instancia desta cidade e o seu partido, os autos de xuízo de pobreza 190/1995, promovidos por Carmen Lestayo Vidal como demandante, representada pola procuradora Peleteiro Bandín e dirixida polo avogado Pérez Lijó, contra José Manuel Fernández Tarrío e letrado da Xunta de Galicia, como demandado.

Decido: que debo recoñecer e recoñézolle o dereito a litigar gratuitamente a Carmen Lestayo Vidal, con dereito ós beneficios que a lei outorga, no xuízo de divorcio 184/1995 e tódalas súa incidencias, iso sen prexuízo do disposto no artigo 48 da LAC. Contra esta sentencia poderá interporse recurso de apelación no acto da súa notificación ou dentro dos tres días seguintes.

Así, por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que lle sirva de notificación ó demandado declarado en rebeldía, expido o presente edicto para a súa inserción no DOG, que asino en Ribeira o catorce de xuño de mil novecentos noventa e seis.

O xuíz

Rubricado

O secretario

Rubricado

4778