Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 164 Xoves, 22 de agosto de 1996 Páx. 7.906

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación de sentencia (39/1996-01).

En Santiago de Compostela o vintecinco de abril de mil novecentos noventa e seis.

En nome de S.M. El-Rei.

Manuel Pérez Echenique, maxistrado xuíz de Primeira Instancia e Instrucción número un desta cidade, pronunciou a seguinte sentencia:

No xuízo de faltas 39/1996, dimanante do procedemento dilixencias previas 2146/1995, seguido por unha presunta falta de furto, no que foron parte, como denunciante, Alberto Parga García, en calidade de representante de Jumbo e, como denunciada, María Salomé Fernández Castro. No procedemento foi parte, así mesmo, o Ministerio Fiscal.

I. Antecedentes.

Primeiro. As actuacións iniciáronse en virtude de atestado da Comisaría de Policía desta cidade por furto.

Segundo. O Ministerio Fiscal solicitou a condena da denunciada, como autora dunha falta do artigo 587.1º do Código Penal, á pena de dez días de arresto menor; igualmente, solicitou a entrega dos efectos substraídos ós seus lexítimos propietarios.

Terceiro. O denunciante mostrou conformidade coa petición fiscal, sen que comparecese a denunciada, malia estar citada en legal forma.

Cuarto. Durante a tramitación desta causa observáronse tódalas prescricións legais.

II. Feitos probados.

Que, sobre as 14.40 horas do día 27 de decembro de 1995, María Salomé Fernández Castro foi sor

prendida cando pretendía saír do supermercado Jumbo, sito no centro comercial Área Central (polígono das Fontiñas) desta cidade, sen aboa-lo importe dunha silla portabebés, da que momentos antes se apoderara no devandito establecemento, sendo recuperado o obxecto pola Policía Nacional.

III. Fundamentos de dereito.

Primeiro. Os feitos declarados probados constitúen unha falta de furto en grao de frustración prevista e penada no artigo 587.1º do Codigo Penal.

Segundo. Que da dita falta aparece como responsable directa, material e voluntaria María Salomé Fernández Castro.

Terceiro. Que se fai uso do arbitrio que ó xulgador lle concede o artigo 601 do Código Penal na aplicación da pena que se fixará na decisión desta resolución.

Cuarto. Que, a teor do prevido no artigo 109 do expresado corpo legal, as custas procesuais enténdense impostas pola lei ós criminalmente responsables de todo delito ou falta.

Vistos os preceptos legais invocados e demais de xeral e pertinente aplicación, decido:

Que debo condenar e condeno a María Salomé Fernández Castro, como autora penalmente responsable dunha falta frustrada de furto, á pena de tres días de arresto menor e ó pagamento das custas. Fágaselle entrega ó seu propietario, a sociedade Pan de Azúcar S.A. (Jumbo) do obxecto depositado.

Así, por esta miña sentencia, que lles será notificada ás partes coa advertencia de que contra ela poderán interpor recurso de apelación ante este xulgado para a Audiencia Provincial da Coruña no prazo de cinco días desde a última notificación, e da que se unirá certificación ás actuacións orixinais para a súa notificación e cumprimento, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Rubricado

9604821