Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 163 Mércores, 21 de agosto de 1996 Páx. 7.850

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO PENAL NÚMERO UN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación (431/1995).

En virtude do acordado en resolución do día da data, dictada no procedemento abreviado número 431/1995, dirixo a presente cédula co fin de que se proceda á súa inserción e publicación no Diario Oficial de Galicia, da sentencia que ten o encabezamento e decisión que, copiado literalmente, di como segue: «No procedemento abreviado número 431/1995, instruído polo Xulgado de Instrucción número cinco desta cidade, polo delicto de roubo, contra o acusado José María González Soto, nacido o 29 de novembro de 1973, fillo de Francisco e Josefa, natural de Pontevedra e veciño de Santiago de Compostela, con domicilio na rúa Bruselas, bloque 10, portal 2-baixo F; con antecedentes penais, do que non consta a súa solvencia e en liberdade provisional por esta causa, defendido pola letrada Esmeralda Pazo Esparís e representado polo procurador Francisco Chenlo Méndez, sendo parte o Ministerio Fiscal». E decido que debo condenar e condeno a José María González Soto como autor dun delicto de roubo con

forza nas cousas, en grao de tentativa, no que concorre a circunstancia agravante de reincidencia, á pena de trescentas mil pesetas de multa, con arresto substitutorio de 30 días no caso de non pagamento, e custas. Indem

nizará a Francisco Ríos Seoane en 34.500 pesetas por danos.

Notifíqueselle-la seguinte resolución ás partes, prevíndoas de que contra ela poderán interpor, ante este xulgado, recurso de apelación no prazo de dez días. Unha vez firme, participaráselle ó Rexistro Central de Penados e Rebeldes, para os efectos oportunos.

Así, por esta miña sentencia, da que se unirá certificación ás actuacións orixinais para a súa notificación e cumprimento, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que lle sirva de notificación ó condenado José María González Soto, expido e asino a presente cédula en Santiago de Compostela, o doce de xuño de mil novecentos noventa e seis.

O secretario

Rubricado

6198