Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 163 Mércores, 21 de agosto de 1996 Páx. 7.850

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación (211/1991).

María Manuela García-Jalón de la Lama, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco de Santiago de Compostela, dou fe e certifico: que no xuízo de divorcio tramitado neste xulgado co número 211/1991, se dictou sentencia cun encabezamento e parte dispositiva que son do teor literal que segue:

«En Santiago de Compostela, o 13 de xullo de 1992, Angel Pantín Reigada, maxistrado-xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco dos desta cidade, dictou a presente

resolución no procedemento civil de divorcio seguido neste xulgado co número 211/1991, no que actuaron, como demandante Juana López Córdoba, maior de idade, veciña de Santiago de Compostela, representada polo procurador dos tribunais Juan José Belmonte Pose e asistida polo letrado Carlos Pensado Vázquez; sendo demandado Jaime Velasco Domínguez, maior de idade e en descoñecido paradoiro, declarado rebelde nas actuacións.

Decido que, estimando a demanda presentada, debo decretar e decreto a disolución por divorcio do matrimonio formado por Juana López Córdoba e Jaime Velasco Domínguez, sen facer imposición das custas do procedemento. Unha vez firme esta resolución, expídanse os despachos oportunos para practica-la inscrición marxinal desta resolución no Rexistro Civil. Contra esta resolución poderá interporse recurso de apelación para ante a Audiencia Provincial neste xulgado, no prazo de cinco días desde a notificación. Así, por esta miña sentencia, xulgando definitivamente na instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo; dou fe.

E para que conste e lle sirva de notificación ó demandado Jaime Velasco Domínguez, actualmente en paradoiro descoñecido, expido e asino a presente cédula en Santiago de Compostela o trece de xuño de mil novecentos noventa e seis; dou fe.

Rubricado

96-4760