O Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Santiago de Compostela e o seu partido tramita, baixo o número 107/1994 expediente para a declaración de falecemento de Manuel Quián Bustelo, nacido o 16 de setembro de 1885 en Balcaide, Calo, concello de Teo, fillo de Manuel Quián Tarrío e Carmen Bustelo Díaz, quen se ausentou de Balcaide, Calo, concello de Teo, á República Arxentina hai máis de sesenta anos e sen que se tiveran máis noticias súas desde o ano en que emigrou, e ignorándose o seu paradoiro e situación.
Calquera persoa que poida achegar datos sobre a morte certa ou supervivencia do referido Manuel Quián Bustelo, deberá poñerse en contacto inmediato con este xulgado.
Dado en Santiago de Compostela, o vinteseis de abril de mil novecentos noventa e catro.
Salvador P. Sanz Crego
Maxistrado-xuíz
Rubricado
Gonzalo Cabaleiro de Sáa
Secretario xudicial
96-4759