Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 163 Mércores, 21 de agosto de 1996 Páx. 7.851

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 7 de agosto de 1996 pola que se anuncia a licitación, mediante procedemento aberto e concurso público, con tramitación urxente, do contrato de obra relativo á segunda fase do campo de fútbol e bancadas en Samil, no concello de Vigo e cinco máis.

A Secretaría Xeral para o Deporte, ultimados os trámites administrativos pertinentes, resolveu anuncia-lo procedemento de adxudicación dos contratos ó que se refire a presente resolución e que posúe as seguintes características:

1.-Entidade adxudicadora.

A Xunta de Galicia por medio da súa Secretaría Xeral para o Deporte.

2.-Obxecto do contrato.

Construcción da 2ª fase do campo de fútbol e bancadas en Samil, no concello de Vigo.

a) Prazo de execución: trece (13) meses.

b) O orzamento de execución por contrata ascende a cento trinta e catro millóns oitocentas trinta e catro mil duascentas trinta e unha (134.834.231) ptas.

c) Requisitos específicos do contratista:

Clasificación empresarial: grugo C ; subgrupo: todos ; categoría d.

3.-Obxecto do contrato.

Construcción de pista polideportiva cuberta no concello do Bolo, Ourense.

a) Prazo de excución: dez (10) meses.

b) O orzamento de execución por contrata ascende a trinta e catro millóns setecentas trinta e sete mil setecentas oitenta e unha (34.737.781) ptas.

c) Requisitos específicos do contratista:

Clasificación empresarial: grupo C ; subgrupos:todos ; categoría c.

4.-Obxecto do contrato.

Construcción dun pavillón polideportivo no concello de San Cristovo de Cea (Ourense).

a) Prazo de execución: catorce (14) meses.

b) O orzamento de execución por contrata ascende a oitenta e un millóns seiscentas vintetres mil noventa e unha (81.623.091) ptas.

c) Requisitos específicos do contratista:

Clasificación empresarial: grupo C ; subgrupo: todos ; categoría d.

5.-Obxecto do contrato.

Construcción dunha piscina climatizada no concello de Xinzo de Limia (Ourense).

a) Prazo de execución: vintedous (22) meses.

b) O orzamento de execución por contrata ascende a cento setenta e dous millóns cincocentas oitenta e seis mil duascentas corenta e duas (172.586.242) ptas.

c) Requisitos específicos do contratista:

Clasificación empresarial: grupo C ; subgrupo: todos ; categoría d.

6.-Obxecto do contrato.

Vestiarios e urbanización das piscinas no Concello de Castrelo de Miño (Ourense).

a) Prazo de execución: nove (9) meses.

b) O orzamento de execución por contrata ascende a setenta e sete millóns cincocentas dezanove mil cincocentas oitenta e sete (77.519.587) ptas.

c) Requisitos específicos do contratista:

Clasificación empresarial: grupo C ; subgrupo: todos : categoría d.

7.-Obxecto do contrato.

Construcción dun pavillón polideportivo no concello de Baiona (Pontevedra).

a) Prazo de execución: catorce (14) meses.

b) O orzamento de execución por contrata ascende a noventa millóns oitocentas vintesete mil duascentas trinta e catro (90.827.234) ptas.

c) Requisitos específicos do contratista:

Clasificación empresarial: grupo C ; subgrupo: todos ; categoría d.

8.-Outros requisitos.

Os sinalados no prego de cláusulas administrativas particulares e sinaladamente os esixidos polo artigo 80.2º.e) da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.

9.-Garantía provisional.

Prestarase en calquera das formas admisibles, por importe do 2% do orzamento de licitación.

Os licitadores que acrediten a clasificación empresarial requirida, quedan eximidos de presta-la garantía provisional (Art. 36.2º da Lei de contratos das administracións públicas).

10.-Obtención de documentación e información.

No Servicio de Contratación e Xestión Económica da Secretaría Xeral para o Deporte. (Estadio Multiusos de San Lázaro s/n. Santiago de Compostela. Teléfono: 54 26 26. Fax: 54 26 39).

11.-Presentacion de ofertas.

a) Data límite: As 14 horas do décimo terceiro (13) día natural posterior á publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que se presentará: a requirida polo prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: o rexistro de documentos da Secretaría Xeral para o Deporte (Estadio Multiusos. San Lázaro. 15890-Santiago de Compostela. Fax. (981) 54 26 39, ou no Xeral da Xunta de Galicia (edificos administrativos de San Caetano. Santiago de Compostela), ou de acordo cos procedementos previstos no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

d) Admisión de variantes: non admisibles.

12.-Apertura de ofertas.

Levarase a cabo ás 9:30 horas do décimo segundo día hábil ó de remate do prazo de presentación de ofertas, que non sexa sábado, na sala de xuntas da Secretaría Xeral para o Deporte (Estadio Multiusos, San Lázaro, 15890-Santiago de Compostela).

13.-Gastos de anuncios.

Será de cargo do adxudicatario o custo da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia e, se é o caso, da inserción do seu extracto nos medios de comunicación escrita.

Santiago de Compostela, 7 de agosto de 1996.

P.D. (Orde do 21-5-1990)

Eduardo Lamas Sánchez

Secretario xeral para o Deporte

6032