Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 163 Mércores, 21 de agosto de 1996 Páx. 7.852

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 28 de xuño de 1996, da Delegación Provincial de Lugo, pola que anuncia o sometemento ó trámite de información pública, por solicitude da empresa Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A., da relación de bens e dereitos afectados pola urxente ocupación que se cita. (Expediente número 3853 A.T., expropiación número 159).

En cumprimento do disposto no artigo 31 do regulamento da Lei 10/1966, do 18 de marzo, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, aprobado polo Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública, por instancia da empresa Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A., con domicilio en Lugo, r/ Cidade de Viveiro, 4, a solicitude de declaración da necesidade de urxente ocupación para os efectos da imposición da servidume de paso de enerxía eléctrica sobre os bens e dereitos que se afectan, segundo o disposto no parágrafo 1 do artigo 14 do citado regulamento. A seguir transcríbese a relación individualizada de cada expediente, na que se indican os interesados cos que non foi posible o acordo amigable para a execución da instalación seguinte:

-L.M.T. ó centro de transformación de Comiñas (reelectrificación de Escourido, 1ª fase) autorizada e declarada de utilidade pública por resolución desta delegación do 25 de outubro de 1994.

Para os efectos do disposto no nº 3 do artigo 16 do regulamento mencionado, calquera persoa, dentro dos quince días seguintes ó da derradeira publicación deste anuncio, que terá lugar no BOP de Lugo, no Diario Oficial de Galicia e no xornal El Progreso, e os interesados, no mesmo prazo, contado a partir do día seguinte ó da notificación individual que se lles efectuará, poderán achegar por escrito e por triplicado os datos oportunos para corrixiren posibles erros na relación indicada, así como formularen as alegacións procedentes por razón do disposto nos artigos 25 e 26 do devandito regulamento, para o cal quedarán expostos os expedientes, cos planos de situación e os parcelarios das instalacións, nesta dependencia, sita en Lugo, r/ Pascual Veiga, 12-14, en horas de oficina.

En todo caso os propietarios afectados poderán reclamar por medio desta delegación que o peticionario lles facilite os demais datos que consideren precisos para a identificación dos seus bens.

Lugo, 28 de xuño de 1996.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

L.M.T. ó C.T. de Comiñas (R. de Escourido, 1ª fase). (Expediente 3853 A.T.)

Predio nºLugarParroquiaCultivoPropietario DN/DAEnderezoAfección

(superficie m)

3PatarroaCovasPradoConcepción Escourido ReyPonte. Escourido/27868 Covas,

Viveiro, Lugo

322 de voo

4PatarroaCovasPradoHros. de Amalia Insua RolleSuasbarras, 1-3º, D/27868 Covas,

Viveiro, Lugo

420 de voo

5PatarroaCovasPradoHros. de Amalia Insua RolleSuasbarras, 1-3º D/27868 Covas,

Viveiro, Lugo

392 de voo e 0,36 do Ap. nº 1

6PatarroaCovasPradoHros. de Amalia Insua RolleSuasbarras, 1-3º D/27868 Covas,

Viveiro, Lugo

140 de voo

9PatarroaCovasLabradíoAntonio Escourido LópezPaseo Marítimo, 8 A, 1º J/15002

A Coruña

574 de voo e 0,36 do Ap. nº 2

10PatarroaCovasPradoVicente Escourido Garcíar/ Cidade de Sada, 6/15002

A Coruña

98 de voo

12PatarroaCovasPradoFrancisco Polo InsuaPortada, 1, Escourido/27868

Covas, Viveiro, Lugo

210 de voo

13PatarroaCovasPradoFrancisco Polo InsuaPortada, 1, Escourido/27868

Covas, Viveiro, Lugo

196 de voo

14PatarroaCovasPradoFrancisco Polo InsuaPortada, 1, Escourido/27868

Covas, Viveiro, Lugo

350 de voo

15PatarroaCovasMonteFrancisco Polo InsuaPortada, 1, Escourido/27868

Covas, Viveiro, Lugo

320 de voo

17PatarroaCovasMonteEmilio Polo EscouridoSuegos, 4, Escourido/27868

Covas, Viveiro, Lugo

780 de voo

6031