Intentada a notificación directa ó titular da máquina Rafael Lorenzo Pintos, nesta delegación provincial séguese expediente sancionador nº P9/1996, contra o anterior por presunta infracción da Lei 14/1985, do 23 de outubro, no que se resolveu, de conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei
30/1992, do 26 de noviembre, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, publica-lo acordo de iniciación e mailo prego de cargos.
Acordo de apertura.
O director xeral de Xustiza e Interior, por delegación do conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, con data do 14 de marzo de 1996 adoptou o seguinte acordo:
1. Incoar expediente sancionador, conforme o establecido na Lei das Cortes Xerais 34/1987, do 26 de decembro, de potestade sancionadora da Administración pública en materia de xogos de sorte, envite ou azar:
-Ó titular da máquina recreativa tipo B, Rafael Lozano Pintos.
2. Nomear instructora e secretaria del a:
-Mª Jesús Padín García.
-Clara Eugenia García Bermúdez, respectivamente.
3. Dispoñer como medida provisional a confirmación do precinto e comiso da máquina recreativa tipo B, por carecer da mínima documentación esixida legalmente para a súa instalación.
Prego de cargos.
1. Te-lo titular da máquina Rafael Lorenzo Pintos instalada o día 26 de febreiro de 1996 no establecemento denominado Bar San José, sito na r/ Severino Cobas, 298 do municipio de Vigo, unha máquina recreativa tipo B que carecía de tódolos documentos necesarios para a súa explotación, incluídas as placas de identificación.
2. Tales feitos poden ser constitutivos de infracción moi grave ou grave tipificada no artigo 28 e seguintes da Lei 14/1985, do 23 de outubro, modificada pola Lei 7/1991, do 19 de xuño.
O que se lle notifica en cumprimento do disposto no artigo 7 da Lei 34/1987, do 26 de decembro, de potestade sancionadora da Administración pública en materia de xogos de sorte, envite ou azar, dispoñendo o interesado dun prazo de oito días para presentar prego de descargos, no que poderá solicita-lo recibimento a proba do expediente.
Pontevedra, 15 de xullo de 1996.
P.O.
María Aurora Cuíña Fernández
Insutructora
5842