Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Venres, 16 de agosto de 1996 Páx. 7.785

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

ACADEMIA GALEGA DE SEGURIDADE

RESOLUCIÓN do 16 de xullo de 1996 pola que se anuncia concurso, por procedemento aberto, para a contratación do servicio de aloxamento dos alumnos da Academia Galega de Seguridad.

1. Entidade adxudicataria.

Organismo: Academia Galega de Seguridade (AGS).

Número de expediente: 0088.

2. Obxecto do contrato.

Servicio de aloxamento dos alumnos da Academia Galega de Seguridade.

Lugar de execución: Santiago de Compostela.

Prazo de execución: 13 de outubro ata 19 de decembro de 1996 e desde o 6 de xaneiro ata o 24 de abril de 1997.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación: 12.744.000 ptas. (1.800 ptas. por persoa e día).

5. Garantía provisional: 254.880 ptas.

6. Obtención de documentación e información.

Entidade: Academia Galega de Seguridade.

Enderezo: rúa de Madrid, 2-4.

Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15703.

Teléfono: 56 34 00.

Data límite de obtención de documentos e información: durante o prazo de presentación de proposicións en días e horas hábiles de oficina.

7. Requisitos específicos do contratista.

Clasificación: grupo III, subgrupo 8, categoría B.

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación.

Data límite de presentación: no prazo de vinteseis días naturais, contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Documentación que cómpre presentar: a indicada na cláusula 7.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Lugar de presentación:

Entidade: Academia Galega de Seguridade.

Enderezo: rúa de Madrid, 2-4.

Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15703

Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses, segundo o artigo 90 da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.

9. Apertura de ofertas económicas.

Entidade: Academia Galega de Seguridade.

Enderezo: rúa de Madrid, 2-4.

Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15703.

Data: décimo primeiro día natural seguinte ó da finalización do prazo de presentación de proposicións. No caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

Hora: doce horas.

10. Gastos de anuncio: o importe deste anuncio será por conta do contratista adxudicatario.

Santiago de Compostela, 16 de xullo de 1996.

Juan José Fariñas-Ferro Rodríguez

Director xeral da Academia Galega de Seguridade

5843