Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Venres, 16 de agosto de 1996 Páx. 7.759

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 5 de agosto de 1996, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se abre o prazo de presentación de solicitudes para a alteración das listas xa existentes das distintas escalas de Administración especial da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura no que se refire ó apartado a) do artigo 12 do Decreto 252/1992, do 30 de xullo, en virtude do disposto no Decreto 116/1993, do 3 de xuño.

Autorizada a convocatoria de prazas vacantes correspondentes ás distintas escalas de Administración especial da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura polo Decreto 265/1993, do 5 de novembro, unha vez celebrados e rematados os correspondentes procesos selectivos convocados polas ordes da Consellería da Presidencia e Administración Pública, do 24 de febreiro de 1994, elaboradas previamente as listas que prevé Decreto 252/1992, para a cobertura con carácter temporal de postos incluídos nas relacións de postos de traballo mentres non se cubran con carácter definitivo para estas escalas, todo isto en virtude do establecido no Decreto 116/1993, do 3 de xuño, procede abri-lo prazo correspondente co obxecto de que se poida levar a efecto a alteración prevista no citado decreto, consistente en que os aspirantes que aprobaron a fase de oposición pero non superaron o proceso selectivo de acceso á función pública de Galicia para estas escalas, poidan solicitar ser incluídos nas listas

respectivas coa prelación a que se refire a normativa anteriormente mencionada.

En aplicación do exposto, solicitado o informe pertinente da Comisión de Persoal, esta dirección xeral,

RESOLVE:

Primeiro.-Abri-lo prazo de presentación de solicitudes para a cobertura con carácter temporal de postos incluídos nas relacións de postos de traballo, mentres non se cubran con carácter definitivo, para as escalas de Administración especial da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, de acordo co apartado a) do artigo 12 do Decreto 252/1992 e o Decreto 116/1993, para os aspirantes que aprobaron tódolos exercicios da fase de oposición pero non superaron os procesos selectivos para o ingreso na función pública de Galicia nas escalas que figuran no anexo I.

Segundo.-Elabóranse listas de ámbito provincial e en servicios centrais segundo as escalas, conforme se especifica no anexo I.

Terceiro.-As solicitudes que presenten os interesados para a súa inclusión nas correspondentes

listas dirixiranse ó director xeral da Función Pública da Consellería da Presidencia e Administración Pública e axustaranse ó modelo que se publica como anexo II desta resolución.

Cuarto.-O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días contados desde o seguinte ó da publicación da presente resolución no DOG e poderanse presentar no rexistro xeral da Consellería da Presidencia e Administración Pública, no das súas delegacións provinciais, oficinas comarcais da Xunta de Galicia, así como nos lugares previstos no artigo 38 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, non tendo que ingresar ningunha cantidade pola súa inscrición.

Quinto.-Os aspirantes poderán solicitar ser incluídos en máis dun ámbito territorial dentro de cada escala.

Sexto.-Os solicitantes deberán cumpri-los requisitos esixidos nas súas respectivas convocatorias de procesos selectivos.

Sétimo.-A Comisión Permanente de Selección para a cobertura temporal de postos de traballo incluídos na relación de postos de traballo reservados a persoal funcionario, a que se refire o artigo 5 do Decreto 252/1992, do 30 de xullo, será a encargada e elabora-las listas correspondentes, de acordo co baremo establecido no apartado a) do artigo 12 do dito decreto.

Oitavo.-Unha vez elaboradas as listas serán expostas nos taboleiros de anuncios do servicio de información administrativa nos servicios centrais da Xunta de Galicia, nos das respectivas delegacións provinciais da Consellería da Presidencia e Administración Pública e nas oficinas comarcais da Xunta de Galicia.

Santiago de Compostela, 5 de agosto de 1996.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública

ANEXO I

GrupoEscalaRequisitosÁmbito territorial

AInspección pesqueiraLicenciado en bioloxía, veterinaria, ou capitán da mariña mercante e carné de conducir B1.A Coruña, Lugo, Pontevedra e servicios centrais.

BAxentes de extensión pesqueira.Capitán de pesca, diplomado en EXB ou ter superado os tres primeiros cursos de licenciatura en biolóxicas ou veterinaria e carné de conducir B1.A Coruña, Lugo, Pontevedra e servicios centrais.

BTécnica de vixilancia pesqueira.Piloto de 1ª da mariña mercante ou capitán de pesca e carné de conducir B1.A Coruña, Lugo e Pontevedra.

CSubinspección pesqueira.Título de FP2 náutico-pesqueira ou equivalente e carné de conducir B1.A Coruña, Lugo, Pontevedra e servicios centrais.

CTitulados náutico-pesqueiros de vixilancia pesqueira.

-Especialidade de patróns.Título de patrón de pesca de altura ou patrón maior de cabotaxe e carné de conducir B1.A Coruña, Lugo e Pontevedra.

-Especialidade de mecánicos.Título de mecánico naval de primeira clase e carné de conducir B1.A Coruña, Lugo e Pontevedra.

-Especialidade de mariñeiros especializados.Bacharelato superior, FP2 ou equivalente e certificado de mariñeiro especialista e carné de conducir B1.A Coruña, Lugo e Pontevedra.

DBásica de vixilancia pesqueira.Graduado escolar, FP1 ou equivalente e certificados de competencia mariñeira e radiotelefonista naval restrinxido e carné de conducir B1.A Coruña, Lugo e Pontevedra.

4516