Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Venres, 16 de agosto de 1996 Páx. 7.761

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE ARZÚA

EDICTO (163/1995).

José Manuel Silvosa Tallón, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Arzúa, fai saber: que neste xulgado se segue expediente de dominio por instancia de María Brocos Orjales, representada polo procurador García Boado, sobre os seguintes predios:

1. Predio rústico, terreo dedicado a labradío, no sitio de Calzada, concello de Arzúa, de extensión dezaseis áreas e catro centiáreas, que linda: norte, con camiño que a separa de Hilario Soengas Faílde e outros; sur, con zona urbana de Calzada; leste, con camiño e zona urbana de Calzada; e oeste, con camiño.

Figura sinalada co número 166 na folla número 173, de características dos predios de reemprazo, emitida polo Servicio de Concentración Parcelaria e Ordenación Rural, con data 12 de marzo de 1971.

Inscrita no Rexistro da Propiedade de Arzúa, tomo 233, libro 53, folio 173, predio 5.739, inscrición 1ª.

2. Predio rústico, terreo dedicado a labradío e monte, no sitio de Campo Camiño, concello de Arzúa, de extensión unha hectárea, corenta e oito áreas e cincuenta e cinco centiáreas, que linda: norte, con predio de Dolores Soengas García; sur, con camiño; leste, con camiño; e oeste, con masa común e predio de Santiago Sánchez Montero.

Sinalada co número 183, segundo certificación emitida polo Servicio Nacional de Concentración Parcelaria e Ordenación Rural, folla número 189, de características dos predios de reemprazo.

Inscrito no Rexistro da Propiedade de Arzúa, tomo 233, libro 53, folio 189, predio 5.755, inscrición 1ª.

3. Predio rústico, terreo dedicado a labradío, prado e monte, sito no lugar de Calzada, concello de Arzúa, que linda: norte, con José García Regueiro e Enrique Seoane Vázquez; sur, con José Rodríguez Pájaro; leste, con camiño; e oeste, con José García Regueiro, Ramón García Casal e camiño. Ten unha extensión superficial dunha hectárea, nove áreas e trinta e oito centiáreas.

Sinalada co número 188, segundo certificación do Servicio Nacional de Concentración Parcelaria e Ordenación Rural, folla número 194, de características dos predios de reemprazo.

Inscrito no Rexistro da Propiedade de Arzúa, tomo 233, libro 53, folio 194, predio 5.760, inscrición 1ª.

Por providencia do 28 de maio de 1996, acordouse cita-las persoas hoxe ignoradas ás que lles puidese prexudica-lo expediente de dominio, co fin de que dentro dos dez días seguintes poidan comparecer ante este xulgado para alega-lo que ó seu dereito conveña.

E para que lles sirva de emprazamento ás persoas en ignorado paradoiro ás que lles puidese prexudica-lo expediente de dominio, expido o presente edicto, que asino en Arzúa o trinta de maio de mil novecentos noventa e seis.

Rubricado

5745