Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Venres, 16 de agosto de 1996 Páx. 7.761

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 17 de xullo de 1996 sobre autorización de apertura de tres novos establecementos da axencia de viaxes Viajes Halcón, S.A., sitas nas rúas Cardenal Quiroga, 18 de Ourense; Bedoya, 24 de Ourense e Ramón González, 64 do Porriño (Pontevedra).

Vistos os expedientes instruídos por instancia de Francisco Javier Hidalgo Acera, na súa calidade de apoderado da entidade mercantil Viajes Halcón, S.A., en solicitude da autorización de apertura de tres novos establecementos, en Ourense, nas rúas Cardenas Quiroga, 18 e Bedoya 24, e no Porriño (Pontevedra) na rúa Ramón González, 64, da axencia de viaxes Viajes Halcón, S.A., maiorista-minorista, co nº identificativo 254 e CICL 37-03, que ten a súa casa central en Salamanca, na praza dos Irlandeses, 2.

Resultando que o interesado xunto coas solicitudes achegou toda a documentación a que fai referencia o artigo 10 do Regulamento das axencias de viaxes de Galicia, aprobado mediante o Decreto 155/1989, do 22 de xuño.

Resultando que na tramitación dos expedientes, se observaron tódolos requisitos e formalidades establecidas regulamentariamente.

Considerando que na empresa solicitante e nos novos establecementos da axencia de viaxes, sitos en Ourense, nas rúas Cardenal Quiroga, 18 e Bedoya, 24, e no Porriño (Pontevedra), na rúa Ramón González, 64, concorren tódalas condicións esixidas polo mencionado regulamento para a obtención da súa autorización.

Vistos o Real decreto 2086/1983, do 1 de setembro, de traspaso de funcións e servicios do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de turismo, a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta de Galicia e do seu presidente, o Decreto 155/1989, do 22 de xuño, polo que se aproba o Regulamento das axencias de viaxes de Galicia, e a Orde do 4 de outubro de 1995 da Consellería da Presidencia e Administración Pública, pola que se delega no secretario xeral para o Turismo a competencia para autoriza-los novos establecementos

das axencias de viaxes xa autorizadas, esta Secretaría Xeral para o Turismo,

RESOLVE:

Autorizarlle á axencia de viaxes Viajes Halcón, S.A., sita en Salamanca, na praza dos Irlandeses, 2, da que é apoderado Francisco Javier Hidalgo Acera, a apertura de tres novos establecementos en Ourense nas rúas Cardenal Quiroga, 18, Bedoya, 24, e no Porriño (Pontevedra), na rúa Ramón González, 64, que serán inscritos no rexistro de empresas e actividades turísticas da Comunidade Autónoma galega.

Contra esta resolución, o interesado poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 17 de xullo de 1996.

P.D. (Orde 4-10-1995)

Rubén Víctor Lois Calviño

Secretario xeral para o Turismo

6139