Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Venres, 16 de agosto de 1996 Páx. 7.762

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 5 de agosto de 1996, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se anuncia a licitación polo procedemento aberto e adxudicación por poxa, da obra OH-OUR-96.02 e outra.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

b) Dependencia que tramita o expediente: Delegación Provincial de Ourense.

c) Nº de expedientes: OH-OUR-96.02 e OH-OUR-96.03.

2. Obxecto dos contratos.

a) Abastecemento de auga ó concello de Piñor. Terminación.

-Nº de expediente: OH-OUR-96.02.

-Prazo de execución: 10 meses.

-Orzamento base de licitación: 15.000.000 de ptas.

b) Fase 1ª da modificación do proxecto de saneamento en Vilameá. Lobios.

-Nº de expediente: OH-OUR-96.03.

-Prazo de execución: 10 meses.

-Orzamento base de licitación: 10.908.417 ptas.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: poxa.

4. Garantía provisional obrigatoria.

-Expediente OH-OUR-96.02: 300.000 ptas.

-Expediente OH-OUR-96.03: 218.168 ptas.

5. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Delegación Provincial de Ourense.

b) Domicilio: Sáenz Díez, 1.

c) Localidade e código postal: Ourense 32071.

d) Teléfono: (988) 38 62 36.

e) Telefax: (988) 38 62 40.

f) Data límite de obtención de documentos e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.

6. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se esixe.

b) Outros requisitos:

-Medios de xustificación da solvencia económica e financeira e da solvencia técnica: deberán acreditarse por calquera dos medios indicados nos artigos 16 e 17, respectivamente, da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.

7. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación de proposicións finalizará ás doce horas do décimo cuarto día natural seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo o prazo de admisión das proposicións rematará ás doce horas do día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: segundo o indicado na cláusula 1.2.5 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1. Entidade: as proposicións presentaranse en sobres pechados no rexistro da Delegación Provincial da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda de Ourense.

2. Domicilio: Sáenz Díez, 1.

3. Localidade e código postal: Ourense, 32071 (ou na forma establecida no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado).

8. Apertura de ofertas.

a) Entidade: Delegación Provincial de Ourense da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

b) Domicilio: Sáenz Díez, 1.

c) Localidade e código postal: Ourense, 32071.

d) Data: o décimo día natural seguinte á finalización do prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo

a apertura de proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

e) Hora: 10 horas.

9. Gastos dos anuncios: este anuncio será por conta dos adxudicatarios.

Ourense, 5 de agosto de 1996.

P.D. (Decreto 87/1990, do 15 de febreiro)

José Elier Ojea Ureña

Delegado provincial de Ourense

9605362