Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Venres, 16 de agosto de 1996 Páx. 7.758

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

ORDE do 26 de xullo de 1996 pola que use fixan os prezos de venda ó público de diversas publicacións.

A Lei 13/1991, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, no seu artigo 6, sinala a obriga de que os prezos privados sexan fixados polas consellerías correspondentes, logo do informe favorable da Consellería de Economía e Facenda, e publicados no Diario Oficial de Galicia.

Para cumprir este mandato e despois de emitido informe favorable da Consellería de Economía e Facenda, esta consellería,

DISPÓN:

Artigo único.

1. Quedan aprobados os prezos de venda ó publico de diversas publicacións editadas por esta conselelría e que se relacionan no anexo.

2. Estos prezos entenderanse con IVE incluído.

Santiago de Compostela, 26 de xullo de 1996.

José María Hernández Cochón

Conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais

ANEXO I

1. Manual de xestión de laboratorios de análises clínicos/Bioquímica clínica: 1.260 ptas.

2. Manual de xestión de laboratorios de análisis clínicos/Bioquímica clínica: 1.260 ptas.

3. Conxunto mínimo básico de datos en hospitais do Sergas: 2.500 ptas.

4. Manual de organización do servicio de compras e subministracións para hospitais do Sergas: 820 ptas.

5. Experiencias de traballo comunitario en Galicia: 1.200 ptas.

6018