Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Venres, 16 de agosto de 1996 Páx. 7.753

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 31 de xullo de 1996, da Dirección Xeral de Universidades e Investigación, pola que se resolve o concurso público para a concesión de bolsas para estadías no estranxeiro e en centros españois situados fóra da Comunidade Autónoma, convocado no anexo III da Orde do 2 de maio de 1996 (DOG do 14 de maio) pola que se convocan e aproban as bases polas que se rexen as convocatorias de bolsas e axudas de apoio á formación e actualización do persoal investigador.

A Orde do 2 de maio de 1996 (DOG do 14 de maio) pola que se convocan e aproban as bases que rexerán as convocatorias de bolsas e axudas de apoio á formación e actualización do persoal investigador prevé, no seu anexo III, a concesión de bolsas para estadías no estranxeiro e en centros españois situados fóra da Comunidade Autónoma.

De acordo co establecido no punto 8 do dito anexo, desde o 1 ó 10 de xullo de 1996 expuxéronse as listas de solicitudes admitidas e excluídas, e durante ese mesmo período os interesados, puideron formular reclamacións para emendar erros e falta de documentos.

Rematado este prazo e estudiadas as reclamacións presentadas, as solicitudes admitidas foron estu

diadas pola Comisión de Selección de Política Científica creada polo Decreto 160/1991, do 16 de maio (DOG do 28 de maio) e orde da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria do 27 de xullo de 1994 (DOG do 10 de agosto).

En consecuencia, atendendo á proposta elaborada pola citada comisión, esta dirección xeral,

RESOLVE:

Primeiro.-Concederlles bolsa para estadías fóra da Comunidade Autónoma ás persoas que se relacionan no anexo da presente resolución para realizar investigación nos centros que se sinalan, durante o período de tempo que se especifica e na contía que se indica en cada caso.

Segundo.-O pagamento das bolsas farase por trimestres adiantados segundo o establecido no punto 4 das bases da convocatoria.

Terceiro.-A Dirección Xeral de Universidades e Investigación adoptará as medidas necesarias para a formalización dos documentos de aceptación das bolsas ós que se fai referencia na base 12 da men

cionada convocatoria e para a instrucción dos correspondentes expedientes de gasto.

Cuarto.-A inobservancia por parte dos beneficiarios de calquera das bases establecidas na orde de convocatoria do 2 de maio de 1996 suporá a perda do dereito a percibi-la subvención correspondente.

Quinto.-Contra a presente resolución os interesados poderán interpoñer recurso ordinario ante o Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da data de publicación da presente resolución no DOG, de acordo co disposto nos artigos 114 e seguintes da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Disposición derradeira

A presente resolución entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 31 de xullo de 1996.

José Manuel Touriñán López

Director xeral de Universidades e Investigación

6063