Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Venres, 16 de agosto de 1996 Páx. 7.751

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 31 de xullo de 1996, da Dirección Xeral de Universidades e Investigación, pola que se resolve o concurso público para a concesión de axudas para asistencia a congresos, simposios, seminarios ou cursos monográficos, convocado no anexo V á Orde do 2 de maio de 1996 (DOG do 14 de maio) pola que se convocan e aproban as bases polas que se rexerán as convocatorias de bolsas e axudas de apoio á formación e actualización do persoal investigador.

A Orde do 2 de maio de 1996 (DOG do 14 de maio) pola que se convocan e aproban as bases que rexerán as convocatorias de bolsas e axudas de apoio á formación e actualización do persoal investigador prevé, no seu anexo V, a concesión de axudas para asistencia a congresos, simposios, seminarios ou cursos monográficos.

De acordo co establecido no punto 4 do dito anexo, desde o 24 de xuño ó 4 de xullo de 1996 expuxéronse as listas de solicitudes admitidas e excluídas, e durante ese mesmo período os interesados, puideron formular reclamacións para emendar erros e falta de documentos.

Rematado este prazo e estudiadas as reclamacións presentadas, as solicitudes admitidas foron estudiadas pola Comisión de Selección de Política Cien

tífica creada polo Decreto 160/1991, do 16 de maio (DOG do 28 de maio) e orde da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria do 27 de xullo de 1994 (DOG do 10 de agosto).

En consecuencia, atendendo á proposta elaborada pola aludida comisión, esta dirección xeral,

RESOLVE:

Primeiro.-Concederlles axudas para asistencia a congresos, simposios, seminarios ou cursos monográficos ás persoas que se relacionan no anexo da presente resolución e na contía que se especifica.

Segundo.-As subvencións de que se trata faranse efectivas mediante libramento único e directo ós beneficiarios sempre que cumpran os requisitos establecidos no punto 7 das bases do citado anexo V.

Terceiro.-A inobservancia por parte dos beneficiarios de calquera das bases establecidas na Orde de convocatoria do 2 de maio de 1996, suporá a perda do dereito a percibi-la subvención correspondente.

Cuarto.-Contra a presente resolución poderán os interesados interpoñer recurso ordinario ante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da data de publicación da presente resolución no DOG, de acordo co disposto nos artigos 114 e seguintes da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Disposición derradeira

A presente resolución entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 31 de xullo de 1996.

José Manuel Touriñán López

Director xeral de Universidades e Investigación

5932