Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Martes, 13 de agosto de 1996 Páx. 7.691

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación (14/1996).

Eu, Lorenzo Villalpando Lucas, secretario da Administración de xustiza con destino no Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro de Santiago de Compostela, dou fe de que nos autos dos que se fará mención, se dictou a sentencia cun encabezamento e parte dispositiva que din así:

«Sentencia.-En Santiago de Compostela o oito de maio de mil novecentos noventa e seis.

Vistos por Rosa del Carmen Collazo Lugo, maxistrada do Xulgado de Instrucción número catro dos do partido, os presentes autos de xuízo verbal de faltas núm. 14/1996, seguidos por ameazas, nos que é denunciante Rosa María Pérez Regueira, maior de idade; e nos que aparece como parte denunciada Isolino Carril Salgado, maior de idade, sendo parte igualmente o Ministerio Fiscal.

Decido.-Que debo absolver e absolvo libremente a Isolino Carril Salgado da falta inicialmente imputada, sen que proceda facer declaración sobre a responsabilidade civil, declarando as custas de oficio.

Contra esta sentencia cabe interpor recurso de apelación no prazo de cinco días desde a súa notificación, perante este xulgado para a Audiencia Privincial da Coruña.

Así, por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que así conste e lles sirva de notificación en legal forma a Rosa María Pérez Regueira e Isolino Carril Salgado, que se atopa en ignorado paradoiro, expido, selo e asino a presente cédula en Santiago de Compostela o tres de xuño de mil novecentos noventa e seis.

O secretario

Rubricado

5950