Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Martes, 13 de agosto de 1996 Páx. 7.691

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación (383/1995).

Eu, Lorenzo Villalpando Lucas, secretario da Administración de Xustiza, con destino no Xulgado

de Primeira Instancia e Instrucción número catro de Santiago de Compostela, dou fe: de que nos autos ós que se fará mención, se dictou a sentencia cun encabezamento e parte dispositiva que din así:

Sentencia. En Santiago de Compostela o trinta e un de xaneiro de mil novecentos noventa e seis.

Vistos por Rosa del Carmen Collazo Lugo, maxistrada do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro dos do partido, os presentes autos de xuízo verbal de faltas número 383/1995, seguidos por furto, sendo denunciantes as entidades supermercado Froiz e supermercado Jumbo, e aparecendo como parte denunciada Jaime Iglesias Casas e José Amancio Vázquez Suárez, maiores de idade, sendo parte igualmente o Ministerio Fiscal.

Decido: que debo condenar e condeno a Jaime Iglesias Casas e a José Amancio Vázquez Suárez como autores responsables dunha falta de furto do artigo 587.1º do Código Penal, á pena de 5 días de arresto menor que cumprirán no seu domicilio, con entrega das dúas botellas de whisky marca Ballantine's, depositadas neste xulgado, á entidade Jumbo. Así mesmo, deberán aboa-lo pagamento das custas procesuais por metade.

Contra esta sentencia cabe interpor recurso de apelación no prazo de cinco días desde a súa notificación perante este xulgado para a Audiencia Provincial da Coruña.

Así, por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que así conste e lle sirva de notificación en legal forma a José Amancio Vázquez Suárez, que se atopa en ignorado paradoiro, expido, selo e asino a presente cédula en Santiago de Compostela o vintesete de maio de mil novecentos noventa e seis.

O secretario

Rubricado

4405