Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Martes, 13 de agosto de 1996 Páx. 7.691

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de citación de remate (221/1990-01).

En virtude do acordado en resolución do día da data, dictada no xuízo executivo 221/1990, que se segue neste xulgado por instancia de Caja Postal de Ahorros, representada polo procurador García-Piccoli, contra Alejandro Salvador González, Nuria Anta Álvarez e outros, por medio da presente cédula son citados de remate Nuria Anta Álvarez e Alejandro Salvador González, dos que se descoñece o actual domicilio, para que no termo de nove días comparezan en autos e se opoñan á execución se lles conviñese, coa prevención de que, de non o faceren no prazo indicado, serán declarados en rebeldía, e seguirá o xuízo o seu curso sen facerlles máis notificacións nin citacións cás que a lei determine.

Faise constar que se practicou o embargo de bens suficientes como da súa propiedade sen previo requirimento de pagamento, por ignorarse o seu paradoiro.

E para que lles sirva de citación de remate ós antes indicados, expido a presente cédula, que asino e selo en Santiago de Compostela o vintecatro de maio de mil novecentos noventa e seis.

O secretario

Rubricado

4406