Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Martes, 13 de agosto de 1996 Páx. 7.690

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE RIBEIRA

CÉDULA de emprazamento (182/1996).

Nos presentes autos de separación matrimonial número 182/1996, promovidos por Luis Manuel Ínsua Sobrido, representado pola procuradora Treus Blanco, nomeada en quenda de oficio, contra María Dolores Villaverde Gendra, se dictou a resolución seguinte:

Proposta de providencia.

Secretario: Álvarez Teixeira.

En Ribeira o trinta de maio de mil novecentos noventa e seis.

Dada conta; por presentada a anterior demanda cos documentos que a acompañan e copias preceptivas, ás que se lles dará o seu destino legal, fórmense os oportunos autos que se rexistrarán cos da súa clase.

Admítese a trámite a demanda de separación matrimonial que se insta, a que se substanciará segundo as normas procesuais que lle son propias; e confíraselle traslado á demandada María Dolores Villaverde Gendra para que, no improrrogable prazo de vinte días compareza en autos e conteste a demanda formulando, se é o caso, reconvención, baixo apercibimento de que, se non o verificase, será declarada en rebeldía e recaerán sobre ela os demais prexuízos que sinala a lei; descoñécese o domicilio da demandada; expídase oportuno edicto, que se remitirá de oficio para a súa publicación no DOG.

Tense por comparecida e parte na representación de Luis Manuel Ínsua Sobrido a procuradora Treus Blanco, segundo acredita co oportuno testemuño de nomeamento en quenda de oficio, con quen se entenderán as sucesivas dilixencias na forma que determina a lei.

Así o propoño e asino.

Conforme: a xuíz.

E para que lle sirva de emprazamento en legal forma para tódolos fins e termos legais a María Dolores Villaverde Gendra, expido e asino a presente cédula en Ribeira o trinta de maio de mil novecentos noventa e seis.

A secretaria

Rubricado

9604505