Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Martes, 13 de agosto de 1996 Páx. 7.692

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 22 de xullo de 1996, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se fan públicas as adxudicacións de oito contratos de obras e catro de servicios.

Para os efectos previstos no artigo 94 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas, esta secretaría acordou darlles publicidade ás adxudicacións de contratos de obras e servicios que se identifican a seguir:

1. Resolución de licitación do 12 de abril de 1996 (DOG número 79, do 23 de abril de 1996); a adxudicación foi levada a cabo mediante procedemento aberto e forma de adxudicación de concurso público con tramitación urxente.

Contratos de obras.

1.1. Obxecto do contrato: construcción dunha piscina cuberta no concello de Verín (Ourense).

Contratista: Benigno Álvarez Álvarez.

Importe da adxudicación: 151.240.800 ptas.

Data de adxudicación: 31-5-1996.

1.2. Obxecto do contrato: construcción dun pavillón polideportivo no concello de Avión (Ourense).

Contratista: Airado y Maseda, S.L.

Importe da adxudicación: 58.043.573 ptas.

Data de adxudicación: 31-5-1996.

1.3. Obxecto do contrato: construcción dun pavillón polideportivo no concello de Beade (Ourense).

Contratista: UTE Opsa-Gensa.

Importe da adxudicación: 47.470.730 ptas.

Data de adxudicación: 31-5-1996.

1.4. Obxecto do contrato: construcción dunha piscina cuberta no concello da Guarda (Pontevedra).

Contratista: Indeza, S.L.

Importe da adxudicación: 131.009.884 ptas.

Data de adxudicación: 31-5-1996.

1.5. Obxecto do contrato: execución do proxecto técnico de piscinas públicas no concello de Salvaterra de Miño (Pontevedra).

Contratista: Dámaso José, S.L.

Importe da adxudicación: 29.061.000 ptas.

Data de adxudicación: 31-5-1996.

1.6. Obxecto do contrato: construcción dun pavillón poliderportivo no concello de Trazo (A Coruña).

Contratista: Oñial, S.L.

Importe da adxudicación: 51.582.976 ptas.

Data da adxudicación: 31-5-1996.

1.7. Obxecto do contrato: pavillón polideportivo, 4ª fase, no concello de Vedra (A Coruña).

Contratista: Dámaso José, S.L.

Importe da adxudicación: 29.937.930 ptas.

Data da adxudicación: 31-5-1996.

Contratos de servicios.

2. Resolución de licitación do 3 de abril de 1996 (DOG, número 72, do 12 de abril); a adxudicación foi levada a cabo mediante procedemento aberto e forma de adxudicación de concurso público con tramitación urxente.

2.1. Obxecto do contrato: limpeza das intalacións do Inef de Galicia, sito en Bastiagueiro, Oleiros (A Coruña).

Con data 15 de maio de 1996, o órgano de contratación declarou deserto o concurso convocado.

Ó abeiro do establecido no artigo 210.1º.a), da Lei 13/1995, do 18 de maio, o contrato foi adxudicado polo procedemento negociado sen publicidade.

Contratista: Blancomar, S.L.

Importe da adxudicación: 10.695.181 ptas.

Data de adxudicación: 12-6-1996.

2.2. Obxecto do contrato: vixilancia e portería do Inef de Galicia, sito en Bastiagueiro, Oleiros (A Coruña).

Contratista: Grupo Cetssa, Seguridad, S.A.

Importe da adxudicación: 10.351.208 ptas.

Data de adxudicación: 15-5-1996.

2.3. Obxecto do contrato: mantemento das instalacións e maquinaria do Inef de Galicia, sito en Bastiagueiro, Oleiros (A Coruña).

Contratista: Conservación de Maquinaria Industrial, S.L. (CMI, S.L.).

Importe da adxudicación: 3.079.800 ptas.

Data de adxudicación: 6-5-1996.

2.4. Obxecto do contrato: limpeza das instalacións do Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra.

Contratista: Limpezas Carballo, S.L.

Importe da adxudicación: 6.199.900 ptas.

Data de adxudicación: 6-5-1996.

Contrato de obras.

3. Resolución de licitación do 21 de xuño de 1996 (DOG número 130, do 3 de xullo); a adxudicación foi levada a cabo mediante procedemento aberto e forma de adxudicación de concurso público con tramitación urxente.

3.1. Obxecto do contrato: adecuación do edificio do Centro Galego de Tecnificación Deportiva, 1ª fase (residencia internos), sito en Fernando Olmedo, nº 3, Pontevedra.

Contratista: Construcciones Abal, S.A.

Importe da adxudicación: 26.470.000 ptas.

Data da adxudicación: 19-7-1996.

Santiago de Compostela, 22 de xullo de 1996.

P.D (Orde do 21-5-1996)

Eduardo Lamas Sánchez

Secretario xeral para o Deporte

5827