Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Martes, 13 de agosto de 1996 Páx. 7.693

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

RESOLUCIÓN do 23 de xullo de 1996 pola que se anuncia concurso polo procedemento aberto para a contratación da asistencia técnica para informatiza-lo Inventario Xeral de Bens e Dereitos da Comunidade Autónoma de Galicia.

A Consellería de Economía e Facenda anuncia o concurso polo procedemento aberto para a contratación da asistencia técnica para informatiza-lo Inventario Xeral de Bens e Dereitos da Comunidade Autónoma de Galicia. As características básicas da contratación son as seguintes:

1. Entidade adxudicadora: Consellería de Economía e Facenda, Secretaría Xeral e do Patrimonio. Expediente 15/1996.

2. Obxecto do contrato: asistencia técnica para informatiza-lo Inventario Xeral de Bens e Dereitos da Comunidade Autónoma de Galicia.

O prazo de execución será de tres meses contados desde a sinatura do contrato.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: ordinaria, concurso polo procedemento aberto.

4. Orzamento base de licitación: importe total: vinte millóns novecentas oitenta e catro mil catrocentas pesetas(20.984.400 ptas.), IVE incluído.

5. Garantía provisional: importe, catrocentas dezanove mil seiscentas oitenta e oito pesetas (419.688 ptas.).

6. Obtención de documentación e información: nas dependencias da Secretaría Xeral e do Patrimonio da Consellería de Economía e Facenda, edificio administrativo San Caetano, s/n. C.P. 15703. Santiago de Compostela, teléfono: 54 41 34, telefax: 54 41 25.

A data límite de obtención de documentación e información será a da duración do prazo de presentación de proposicións.

7. Presentación de ofertas: as proposicións presentaranse antes das 14 horas do vixésimo sexto día seguinte ó da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia e elaboraranse segundo o modelo que figura no prego de cláusulas administrativas particulares. Tódolos documentos esixidos no prego de cláusulas administrativas particulares deberanse presentar en man no rexistro xeral da Consellería de Economía e Facenda, ou por correo na forma establecida no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado, dirixidos á Consellería de Economía e Facenda, Secretaría Xeral e do Patrimonio, edificio administrativo de San Caetano, s/n. C.P 15703, Santiago de Compostela.

No se admitirán variantes no presente concurso.

8. Apertura de las ofertas: a mesa de contratación procederá á apertura das proposicións económicas en acto público, ó que poderán asisti-los licitadores e os seus representantes, nas dependencias da Secretaría Xeral e do Patrimonio da Consellería de Economía e Facenda, en San Caetano, (Santiago de Compostela), ás 11 horas do cuarto día , que non coincida en sábado, seguinte ó da finalización do prazo de presentación das proposicións.

O importe do anuncio de licitación correrá a cargo do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 23 de xullo de 1996.

P.D. (Orde 13-12-1993)

Emilio Alvarez Rey

Secretario xeral e do Patrimonio

5944