Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Martes, 13 de agosto de 1996 Páx. 7.694

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 15 de xullo de 1996, do Servicio Provincial de Transportes de Lugo, pola que se notifican as resolucións sancionadoras recaídas nos expedientes incoados por infracción da normativa vixente en materia de transportes terrestres devoltas polo servicio de correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque intentada a notificación non se puido efectuar, (expedientes número LU-00591-O-1996 e catro máis).

Por medio desta cédula notifícaselles ós denunciados, cos datos e último enderezo coñecido que se sinalan no anexo, as resolucións sancionadoras dictadas polo delegado provincial da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda de Lugo, facultado polo Decreto 147/1986, do 17 de abril (DOG do 28 de maio), recaídas nos expedientes que se citan no anexo.

Fáiselles sabe-lo dereito que os asiste para interpoñeren recurso ordinario perante o director xeral de transportes da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publciación desta cédula.

En caso de conformidade con esta resolucións, deberán facer efectiva a multa mediante transferencia bancaria a favor do Tesouro da Facenda galega, conta restrinxida de multas e sancións número 13763620 da Caixa Postal de Aforros, oficina principal de Santiago de Compostela.

Para que conste e lles sirva de notificación ós/as denunciados/as de enderezo descoñecido, e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, sobre réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento adeministrativo común (BOE nº 285 do 27 de novembro), expido, asino e selo a presente cédula en Lugo, 15 de xullo de 1996.

Antonio Lage González

Xefe do Servicio Provincial de Transportes de Lugo

ANEXO

-Expediente

-Matrícula

-Denunciante

-Denunciado

-Último enderezo coñecido

-Feito denunciado

-Data-Hora-Estrada-p.k.

-Precepto

infrinxido

-Precepto

sancionador

-Sanción

imposta

LU-00591-O-96

B-6671-MX

G.C. Tráfico

Galialvesa Distribuciones, S.L.

Urbanización Vilaculler, 4

Culleredo-A Coruña

Circular transportando artigos de regalo desde A Coruña ó Barco de Valdeorras, carecendo da tarxeta de transportes de servicio privado complementario, vehículo lixeiro.

7-3-1996; 17; N-120; 512,00

Art. 141 b)

en Relac.

Art. 142 m)

LOTT

Art. 143

Lei 16/1987

25.000

LU-00694-O-96

PO-7109-AP

G.C. Tráfico

Rótulos Rodisa, S.L.

Alcouce Figueirido, s/n

Vilaboa-Pontevedra

Circular transportando utensilios de limpeza, carecendo da tarxeta de transportes de servicio privado complementario, vehículo lixeiro.

18-3-1996; 12; N-120; 540,00

Art. 141 b)

en Relac.

Art. 142 m) LOTT

Art. 143

Lei 16/1987

25.000

LU-00785-O-96

C-2346-AU

G.C. Tráfico

Ricardo José Senín Cabo

e outro, S.C.

Soñeiro, n-VI. Coiro

Sada-A Coruña

Circular transportando carga útil, carecendo da tarxeta de transportes de servicio privado complementario, vehículo lixeiro.

4-4-1996; 12.50; C-641; 41,2000

Art. 141 b)

en Relac.

Art. 142 m) LOTT

Art. 143 Lei

16/1987

25.000

LU-00832-O-96

M-1521-KW

G.C. Tráfico

González Martínez,

Mª Aurora

Arcade, 63

Soutomaior-Pontevedra

Circular transportando peixe, carecendo da tarxeta de transportes de servicio privado, vehículo lixeiro.

12-4-1996; 19.40; C-535; 28

Art. 141 b)

en Relac.

Art. 142 m)

LOTT

Art. 143

Lei 16/1987

25.000

LU-00912-O-96

LU-0965-H

G.C. Tráfico

Nieto Rielo, José Luis

Lamas de Prado, 71-2º

Lugo

Circular transportando pan, carecendo da tarxeta de transortes de servicio privado, vehículo lixeiro.

19-4-1996, 14.50; RN-VI; 518,900

Art. 141 b) en Rela.

Art. 142 m)

LOTT

Art. 143

Lei 16/1987

25.000

5826