Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Martes, 13 de agosto de 1996 Páx. 7.695

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 16 de xullo de 1996, do Servicio Provincial de Transportes de Ourense, pola que se notifican as resolucións recaídas nos expedientes sancionadores incoados por infracción da normativa vixente en materia de transportes terrestres devoltas polo servicio de correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque intentada a notificación non se puido efectuar (expedientes número OR-01052-O-95 e un máis).

Por medio desta cédula notifícaselles os denunciados cos datos e últimos enderezos coñecidos que se sinalan no anexo, as resolucións sancionadoras dictadas polo delegado provincial da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, recaídas nos expedientes sancionadores que se citan no anexo.

Fáiselles sabe-lo dereito que os asiste para interpoñeren recurso ordinario perante o director xeral

de Obras Públicas e Transportes dentro do prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación desta cédula.

En caso de conformidade con estas resolucións, deberán facer efectiva a multa mediante transferencia bancaria a favor do Tesouro da Facenda galega, conta restrinxida de recadación de multas e sancións número 13.763.620 da Caixa Postal de Aforros, sucursal de Santiago de Compostela.

Para que conste e lles sirva de notivicación ós citados denunciados, e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE nº 285, do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula en Ourense o 16 de xullo de 1996.

Xosé Inacio Palomanes Rodríguez

Xefe do Servicio Provincial de Transportes de Ourense

ANEXO

-Expediente

-Matrícula

-Denunciante

-Denunciado

-Último enderezo coñecido

-Feito denunciado

-Data-Hora-Estrada-p.k.

-Precepto

infrinxido

-Precepto

sancionador

-Sanción

imposta

OR-01052-O-95

M-4485-IC

G.C. Tráfico

3201/34983946

Fernández Soto, José Luis

1. Trav. Bda. Salgueira, 31 1

Vigo

36206 Pontevedra

Realizar un transporte de paquetería (transporte público) nun vehículo que leva os distintivos en condicións que dificultan a súa percepción: distintivos rotos e en mal estado.

6-7-1995; 11.50; N-120; 604

Art. 142 C LOTT

Art. 199 C ROTT

143 LOTT

201 ROTT

5.000

OR-01394-O-95

M-4615-FC

G.C. Tráfico

3203/34975044

Bouzón Martínez, Manuel

Nogueira Arco

Ponteareas

36865 Pontevedra

Circular un camión furgón transportando material de carpas e escenarios, desde Ponteareas a Lubián, carecendo o vehículo de tarxeta de transporte. Servicio privado.

22-9-1995; 9.50; N-525; 152.3

Art. 142 B LOTT

Art. 199 B ROTT

143 LOTT

201 ROTT

5.000

5778