Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Xoves, 08 de agosto de 1996 Páx. 7.595

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE RIOTORTO

ANUNCIO.

De conformidade co disposto no artigo 8.d) da Lei 7/1995, do 29 de xuño, 124 do Real decreto lexislativo 171992, do 26 de xuño, e 134 e 153 do Real decreto 2159/1978, do 23 de xuño, faise público o acordo adoptado polo Pleno deste concello en sesión do 20 de marzo de 1996, o que se transcribe a continuación:

Aprobación definitiva do proxecto de ampliación de solo urbano de Riotorto.

O secretario, de orde da presidencia, dálle conta ó Pleno do estado actual do expediente para a aprobación do proxecto de ampliación de solo urbano de Riotorto.

Considerando que o citado proxecto foi aprobado inicialmente polo Pleno deste concello en sesión extraordinaria do 21 de xuño de 1988.

Considerando que, sometido a información pública o referido proxecto por prazo dun mes mediante edictos insertos no BOP e no xornal El Progreso, non se presentou reclamación ou alegación ningunha.

Considerando que a aprobación provisoria a realizou o Pleno en sesión ordinaria celebrada o día 7 de setembro de 1988.

Considerando que a deputación provincial emitiu informe favorable sobre este.

Considerando que, remitido o expediente á Comisión Provincial de Urbanismo co obxecto da aprobación definitiva da ampliación de solo urbano de Riotorto, esta comisión acordou, en sesión celebrada o día 30 de maio de 1989, suspende-la aprobación definitiva do expediente en tanto non estivese executada a urbanización.

Considerando que este concello xustificou ante a dita comisión a realización das obras de urbanización.

Considerando que a Lei 7/1995 establece no seu artigo 2 o seguinte: «A competencia para a aprobación definitiva dos proxectos, plans, normas ou programas de ámbito municipal que a lexislación urbanística lle atribúe a Comunidade Autónoma queda asignada en réxime de competencia delegada nos concellos respectivos».

Considerando que a disposición transitoria primeira da lei citada establece: «Os plans, proxectos, normas ou programas de ámbito municipal en tramitación á entrada en vigor da presente lei, aprobaraos definitivamente o concello respectivo, despois do informe preceptivo e vinculante previsto no artigo 7 desta lei».

Considerando que, por instancia deste concello, a Consellería de Política Territorial, Obras Públicas

e Vivenda, Dirección Xeral de Calidade Medioambiental e Urbanismo emitiu informe favorable sobre o proxecto.

Visto o informe da secretaría emitido ó respecto, informe unido ó expediente respectivo e no que se sinala que se cumpriron tódolos trámites e prescricións legais co obxecto da aprobación por este concelllo da ampliación de solo urbano de Riotorto.

A Corporación municipal, por unanimidade en votación ordinaria dos seus membros presentes, nove dos once que compoñen o Pleno e co quórum legalmente esixible do número legal de membros desta, acordou:

1º. Aprobar definitivamente o proxecto de ampliación de solo urbano de Riotorto.

2º. Proceder á publicación deste acordo no BOPe no DOG, comunicándolle esta á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

3º. Remitirlle á consellería citada toda a documentación sinalada no artigo 8 d) da Lei 7/1995.

Descrición da modificación.

A liña delimitadora do solo urbano estaá sinalada actualmente segundo o segmento AB, concidente coa aliñación interior da variante.

É obvio que tal vía tanxencial, a punto de construírse, determina, en virtude dos servicios que leva consigo, o asentamento de solo urbano.

Por outra parte, segundo a liña CD está establecida a separación entre o núcleo urbano e a superficie obxecto da concentración parcelaria.

A separación da liña CD respecto á aliñación exterior da variante é de 30 a 40 m de fondo razoable para efectos de ampliación de solo urbano.

Por todo isto considérase que a ampliación de solo urbano desde a liña AB ata a liña CD é harmónica e racional, quedando definido como tal todo o espacio do núcleo urbano ata o comezo da área de concentración.

Dimensións e réxime do solo.

A superficie de ampliación é de 0,525 ha. e está xeometricamente definida por un cuadrilátero do que as súas dimensións menores son 30 e 40 m e as maiores da orde de 150 metros.

O réxime urbanístico é propio do contorno contido no proxecto de delimitación de solo urbano, no que se sinalaba con carácter suxerente a ordenanza UM: usos mixtos para o contorno, extensible á superficie de ampliación.

Riotorto, 9 de maio de 1996.

José López Cabodevila

Alcalde

4583