Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Xoves, 08 de agosto de 1996 Páx. 7.594

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE RIBEIRA

ANUNCIO.

Visto o convenio urbanístico aprobado polo Pleno desta Corporación en sesión do 24 de xuño de 1996. Esta alcaldía, en aplicación da competencia dada polo Real decreto-lei 5/1996, do 7 de xuño, de modificación parcial da Lei 7/1985, do 2 de abril, resolve:

1º. Aprobar inicialmente o estudio de detalle promovido pola sociedade Gadisa, S.A., para un solar sito entre as avenidas da Coruña e de Ferrol, da cidade de Ribeira, segundo proxecto redactado polo arquitecto Santiago González Rodríguez e visado polo respectivo colexio oficial.

2º. Someter a información pública esta aprobación inicial, por un prazo de quince días hábiles, contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, con publicación igualmente no diario La Voz de Galicia e no taboleiro de anuncios da Casa do Concello, quedando o expediente á disposición de quen queira examinar na secretaría xeral da corporación, para deducir alegacións, reclamacións ou suxerencias.

Ribeira, 25 de xuño de 1996.

José Luis Torres Colomer

Alcalde

5718