Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Xoves, 08 de agosto de 1996 Páx. 7.596

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTISO

ANUNCIO.

O Pleno da Corporación, na sesión ordinaria celebrada o día 9 de marzo de 1996, acordou modifica-la base quinta das probas selectivas para cubrir en propiedade a praza de administrativo, no sentido de que o presidente do tribunal será o presidente da corporación ou membro da dita corporación, en quen delegue, desta forma, modifícase o anuncio publicado no Diario Oficial de Galicia, nº 76, de data 18 de abril de 1996, no sentido indicado.

Santiso, 8 de maio de 1996.

O alcalde

Rubricado

9605531