Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Xoves, 08 de agosto de 1996 Páx. 7.596

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO de aprobación inicial do proxecto de urbanización da U.A. Fraga.

O Pleno do Concello, en sesión do día 3-6-1996, acordou o seguinte:

1º Aprobar inicialmente o proxecto de urbanización da U.A. Fraga (expediente nº 3866/401), coas seguintes observacións:

-A conservación da urbanización correrá a cargo da entidades urbanística de conservación que se constituirá.

-En todo momento da execución das obras de urbanización garantirase a saída de emerxencia da sala de festas existente na unidade de actuación. Non se recepcionará a urbanización se non queda garantida tal saída.

2º Coa aprobación definitiva do proxecto de urbanización os promotores da actuación deberán prestar fianza polo 100% do importe das obras de urbanización que ascende á cantidade de 51.445.149 pesetas (IVE incluído).

3º Somete-lo expediente a información pública polo prazo de quince días, mediante a inserción de anuncios no DOG, BOP, un dos xornais de maior circulación da provincia e no taboleiro oficial de edictos da Casa do Concello, con notificación ós interesados.

4º Declarar que a aprobación definitiva deste proxecto de urbanización se producirá automaticamente de non se presentar alegación ningunha ó presente acordo de aprobación inicial, sen necesidade de acordo expreso para o efecto, pero coa preceptiva publicación no BOP e comunicación ó órgano competente da Xunta de Galicia en materia urbanística (artigo 31.3º LASGA).

O que se fai público en cumprimento do punto 3º do acordo plenario, e signifícase que o prazo de exposición ó público entenderase aberto desde a primeira publicación ata o remate dos quince días contados desde o derradeiro anuncio.

A documentación atópase na Oficina Municipal de Información (baixo do concello).

Vigo, 2 de xullo de 1996.

Manuel Pérez Álvarez

Alcalde

5919