Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Xoves, 08 de agosto de 1996 Páx. 7.596

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

PORTO DA CORUÑA

INFORMACIÓN pública.

Fernando Asperilla Pinilla, na súa calidade de secretario do Consello de Administración da Autoridade Portuaria da Coruña, certifica que na sesión ordinaria celebrada o 27 de xuño de 1996, o consello acordou aprobar inicialmente o plan especial do Porto da Coruña, e someter a trámite de información pública o plan aprobado por espacio dun mes contado desde a inserción do presente anuncio no DOG.

O que se fai público para xeral coñecemento, con indicación ós interesados de que poden examinar, durante o prazo arriba indicado, o documento aprobado no Rexistro Xeral da Autoridade Portuaria da Coruña, (Avda. da Mariña, 3), en horario de 9 h a 14 h en días hábiles, podendo presenta-las alegacións que estimen pertinentes debendo, se é o caso, ser asinadas polos propios interesados ou polas persoas que acrediten poder suficiente de representación.

A Coruña, 8 de xullo de 1996.

Fernando Asperilla Pinilla

Secretario do Consello de Administración de Autoridad Portuaria da Coruña

AVISO PARA OS ANUNCIANTES

PREZOS PARA A PUBLICACIÓN DE ANUNCIOS

NO DOG A PARTIR DO 1 DE XANEIRO DE 1996

(Decreto 289/1995, do 3 de novembro,

DOG do 9 do mesmo mes)

-Tramitación ordinaria: 445 pesetas/liña de 54 espacios.

-Tramitación urxente: 890 pesetas/liña de 54 espacios.