Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Xoves, 08 de agosto de 1996 Páx. 7.555

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ORDE do 24 de xullo de 1996 pola que se convocan axudas á cooperación empresarial.

O Decreto 309/1995, do 23 de novembro, sobre incentivos para o desenvolvemento económico e fomento da actividade empresarial na Comunidade Autónoma de Galicia, homologado oficialmente, segundo acordo da Comisión Europea (Axuda estatal nº 21/95, SG(95)10-433, do 31 de xullo de 1995) regula, entre outras axudas, as destinadas ó fomento da cooperación empresarial, que adoptarán a forma de subvencións a fondo perdido.

No artigo 13 do decreto mencionado establécese que a convocatoria de axudas ó amparo del a realizará cada consellería, organismo ou ente público da Xunta de Galicia dentro do ámbito das súas competencias mediante a aprobación das disposicións ou resolucións necesarias para a execución e desenvolvemento das ditas axudas.

Pola outra banda, tendo en conta o carácter do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) como instrumento básico da Xunta para o desenvolvemento competitivo do sistema productivo galego, o programa de axudas establecido na presente

orde deberá integrarse como unha peza máis, dentro do sistema promocional deste ente público.

Por todo iso, en virtude das atribucións que teño conferidas,

DISPOÑO:

Artigo 1º.-Obxecto.

Pola presente orde convócase e desenvólvese o programa de axudas á cooperación empresarial, consistente en subvencións a fondo perdido sobre os custos e gastos considerados subvencionables, previsto no Decreto 309/1995, do 23 de novembro, sobre incentivos para o desenvolvemento económico e fomento da actividade empresarial na Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 2º.-Concesión e xestión das axudas.

A concesión e xestión das axudas previstas nesta orde serán efectuadas polo Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) con cargo á súa aplicación orzamentaria 0443 71340 77001, sen prexuízo da asistencia técnica que, por razón da materia, presten as consellerías sectoriais, quedando subordinada a súa concesión en exercicios futuros ás dispoñibilidades orzamentarias que anualmente se establezan. En todo momento a concesión das axudas previstas estará supeditada á existencia de crédito orzamentario suficiente.

Artigo 3º.-Beneficiarios.

1.-Poderán ser beneficiarias das axudas reguladas pola presente orde as pequenas e medianas empresas (PEMES), ou ben as agrupacións de empresas con personalidade xurídica propia que, no exercicio económico no que presenten a solicitude, proxecten realizar actividades de cooperación empresarial, tanto no ámbito nacional como internacional. Para os ditos efectos, terá a consideración de PEME, conforme a definición establecida pola Unión Europea, a unidade económica con personalidade física ou xurídica que reúna os seguintes requisitos:

a) Que teña menos de 250 traballadores, e

b) Que teña ben un volume de negocios anual non superior a 40 millóns de ECUS, ou ben un balance xeral anual, activo total, non superior a 27 millóns de ECUS, e

c) Que o seu capital non estea participado en máis dun 25% por empresas que non cumpran os requisitos anteriores, salvo se estas son sociedades públicas de investimento, sociedades de capital risco ou investimentos institucionais, sempre que estes non exerzan ningún control sobre a empresa.

Para os efectos de aplicación dos límites establecidos neste apartado, terase en conta o tipo de cambio do ECU vixente a data de entrada en vigor da presente orde.

Esta definición de PEME poderá modificarse, se é o caso, en función do marco comunitario vixente sobre axudas estatais ás PEMES.

2.-Tamén poderán ser beneficiarias das ditas axudas as empresas que, sen teren a condición de PEME, presenten expedientes de solicitude comprendidos no marco da presente orde e que se consideren de especial interese socio-económico polo Igape ou respecto ás cales a Comisión Delegada da Xunta de Galicia para Asuntos Económicos declarase a necesidade ou conveniencia de apoio.

Artigo 4º.-Actividades subvencionables.

1.-Para poder acceder ás axudas previstas nesta orde, os posibles beneficiarios deberán dedicarse a algunha das actividades económicas seguintes:

a) As de extracción, procesamento, transformación e comercialización das produccións agrícolas, pesqueiras, gandeiras e forestais.

b) A extracción, procesamento, transformación e comercialización de minerais ou os seus derivados.

c) A industria transformadora, o comercio, o turismo, a artesanía e os servicios de apoio industrial.

d) A creación de redes de abastecemento, transporte, distribución e comercialización.

e) As actividades de electrónica, biotecnoloxía, robótica, telecomunicación e outras de avanzada tecnoloxía.

f) A investigación técnica e aplicada, innovación e desenvolvemento tecnolóxico, normalización, homologación, certificación, xestión, control e mellora da calidade levadas a cabo por calquera ente público ou privado.

g) A fabricación ou comercialización de bens de equipo ou unidades productivas relacionadas con calquera das actividades anteriormente relacionadas.

2.-Consideraranse preferentes, de entre as actividades subvencionables anteriores, as seguintes:

a) A transformación e comercialización de produccións agrícolas, pesqueiras, gandeiras, forestais e de minerais.

b) O turismo especializado.

c) Os servicios de apoio industrial.

d) As actividades de electrónica, biotecnoloxía, medio ambiente, robótica, telecomunicacións e outras de avanzada tecnoloxía.

e) As actividades pertencentes ó sector téxtil.

f) As actividades pertencentes ó sector do automóbil e a súa industria auxiliar.

g) O comercio ó polo miudo e ó por xunto.

h) A fabricación de bens de equipo.

Para aquelas actividades que se encontren comprendidas dentro dos sectores regulados por normas

específicas da Unión Europea sobre axudas estatais, as axudas previstas nesta orde axustaranse en cada caso ás ditas normas específicas.

Artigo 5º.-Ámbito territorial.

As empresas beneficiarias das axudas obxecto desta orde deberán ter radicado o centro da súa actividade ou algún centro de traballo no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia, se ben non será necesario que o proxecto de cooperación empresarial se desenvolva en Galicia sempre que, a xuízo do Igape, a dita actividade teña individual ou sectorialmente un interese estratéxico e exista unha vinculación directa ou complementariedade dela cunha empresa ou centro de traballo radicado na dita Comunidade Autónoma.

No caso de agrupacións de empresas, estas deberán estaren domiciliadas en Galicia e estar integradas por PEMES ás que lles presten servicios de apoio que cumpran os requisitos establecidos nesta orde.

Para estes efectos, poderán ter preferencia na concesión de axudas e na determinación da súa contía os beneficiarios que desenvolven a súa actividade en:

a) Zonas afectadas pola crise dun sector industrial declarado en reconversión ou, en casos concretos, as afectadas polo peche de empresas da actividade das cales dependese de forma importante a poboación desa zona.

b) Zonas especialmente desfavorecidas onde exista un especial abandono de poboación, segundo os dous últimos censos oficiais de poboación.

c) As dúas provincias de menor renda per cápita de Galicia: Ourense e Lugo.

d) Parques empresariais de promoción pública.

e) Zonas onde existan produccións de materias primas, bens de equipo, ou industrias complementarias ou similares, e exista unha tradición de fabricación sobre a actividade da que se trate.

f) Zonas nas que a localización vén obrigada como consecuencia da explotación e do aproveitamento das infraestructuras e/ou factores de producción.

Artigo 6º.-Obxecto das axudas.

6.1.-Para os efectos desta orde, enténdese por cooperación entre empresas o desenvolvemento de negocios empresariais de abastecemento, transporte, producción, comercialización, acordos tecnolóxicos, laborais, de redimensionamento e especialización ou de investimento conxunto de capital ou calquera outro de natureza económica vinculado ás súas actividades, que se realice entre dúas ou máis empresas, económica e xuridicamente independentes que, movidas pola reciprocidade de vantaxes e a busca de sinerxias que poidan contribuír a incrementa-la súa productividade, deciden colaborar estreitamente para desta forma reducir riscos e compartir custos.

6.2.-O obxecto das axudas será financiar parcialmente aqueles custos e gastos nos que incorran as empresas ou agrupacións de empresas beneficiarias para a subscrición de acordos ou contratos de cooperación, que se consideren subvencionables polo Igape.

Para estes efectos poderán subvencionarse os custos e gastos descritos no artigo 7º imputables ás seguintes etapas do proceso de cooperación:

a) Diagnóstico das capacidades empresariais conxuntas e deseño das estratexias de cooperación.

b) Busca e identificación de socios, de oportunidades de negocio e análise da factibilidade da idea do proxecto.

c) Negociación e formalización do acordo.

Artigo 7º.-Custos e gastos subvencionables.

Poderán subvencionarse os seguintes custos e gastos en que incorran as partes a partir da data de solicitude da axuda e con carácter previo á sinatura do contrato ou acordo de cooperación:

a) Gastos externos de consultoría (técnica, económica ou xurídica) e outros servicios.

b) Gastos internos de persoal técnico directamente adscrito ó proxecto de cooperación.

c) Gastos de rexistros e notarías.

d) Gastos de viaxe (exclusivamente os de transporte e estadía).

e)Custos e gastos de: materiais, mostras, ensaios, etc. con fins demostrativos, necesarios para a formalización do acordo.

f)Gastos de difusión, documentación, edición, etc. en proxectos de sensibilización, promoción e dinamización da cooperación.

g)Outros custos e gastos que se consideren directamente relacionados.

Quedan expresamente excluídos os seguintes gastos:

a) Gastos habituais de funcionamento.

b) Gastos en adquisición doutros materiais non previstos no apartado e) anterior, así como en activos fixos.

c) Gastos de desenvolvemento da actividade resultante do acordo de cooperación.

d) Gastos de persoal non adscrito ó proxecto.

e) Os impostos satisfeitos pola adquisición de bens ou prestación de servicios.

f) Gastos financeiros.

Artigo 8º.-Contía da axuda e criterios para a súa concesión.

A subvención a fondo perdido poderá chegar a cubrir ata o 75 % dos custos e gastos nos que se incorra para a subscrición e posta en marcha de

acordos ou contratos de cooperación que se consideren incentivables polo Igape.

A subvención por cada proxecto de cooperación aprobado, con independencia do número de empresas que o integren, non poderá exceder de dezaseis millóns de pesetas, rateándose a axuda entre os beneficiarios de acordo cos gastos e custos elixibles como subvencinables presentados por cada solicitante.

A subvención aprobada reducirase automaticamente á metade no caso de que o proxecto de cooperación non teña éxito e non se concrete nun acordo definitivo de cooperación.

Para a cualificación do proxecto como incentivable e a determinación da contía da axuda teranse en conta os seguintes factores:

a) O sector de actividade de que se trate.

b) O grao de integración horizontal ou vertical que supoña a cooperación.

c) As vantaxes competitivas que se xeren.

d) A transferencia de tecnoloxía existente e as posibilidades e intencións de explotación da tecnoloxía que se desenvolve como consecuencia da cooperación.

e) As garantías de estabilidade.

f) O número de participantes, así como os seus antecedentes empresariais.

g) A viabilidade técnico-económica do proxecto de cooperación.

h) O interese do proxecto e o seu impacto previsible

i) A vocación exportadora do acordo.

j) A localización preferente ou non das empresas que colaboren, de acordo cos criterios establecidos no artigo 4º.

k) A posibilidade de acollerse a outras axudas vixentes da Unión Europea, doutras administracións ou entes públicos.

l) O grao de internacionalización que supón a cooperación.

Artigo 9º.-Tramitación.

As solicitudes de subvención dirixirsnse ó Igape, conforme o modelo que se incorpora como anexo I á presente orde, debendo presentarse de calquera das formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1995, do 26 de novembro, de réximen xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e incluirán a documentación relacionada a continuación, sempre que esta non constase xa actualizada no Igape:

1) Documentación acreditativa das circunstancias persoais das empresas solicitantes: fotocopia do DNI/NIF en caso de que sexa unha persoa física. No caso de persoas xurídicas deberán achegar foto

copia da tarxeta de identificación fiscal e copia da escritura de constitución e dos estatutos debidamente rexistrada, así como, se é o caso, as súas modificacións posteriores.

2) Compromiso ante o Igape, asinado polos representantes das empresas que vaian participar no proxecto de cooperación, de realización das accións previstas no proxecto de cooperación.

3) No caso de persoas xurídicas, certificación dos administradores ou do secretario do consello de administración, co visto e prace do presidente, na que figure: a composición actual do consello, o detalle de accionistas con participación superior ó 10%, con indicación do nome ou razón social e da porcentaxe de participación, o número de traballadores actuais, o volume de negocios, o inmobilizado neto e o activo total neto correspondente á data de peche do exercicio de 1995.

4) No caso de solicitudes presentadas por empresas participadas por sociedades en porcentaxe superior ó 25%, certificación das sociedades participantes, emitida por representante con poder bastante, na que figure o seu número de traballadores actuais e o volume de negocios, o inmobilizado neto e o activo total neto correspondente á data de peche do exercicio 1995.

5) Declaración xurada doutras axudas solicitadas para o mesmo proxecto de cooperación, especificando o organismo ó que a solicitou, normativa legal que a ampara, data de presentación, contía solicitada, situación administrativa e, se é o caso, importe concedido.

No caso de tratarse de proxectos susceptibles de acollerse total ou parcialmente ó «programa de apoio á cooperación empresarial» establecido pola orde do Ministerio de Industria e Enerxía do 8 de maio de 1995, publicada no BOE nº 122 do 23 de maio de 1995, pola que se desenvolven as bases e procedementos para a concesión das axudas e accións de fomento previstas na iniciativa PEME de desenvolvemento industrial, acreditación de ter presentado solicitude da dita axuda.

6) Certificación acreditativa do cumprimento das obrigas fiscais e fronte á Seguridade Social emitida polos órganos competentes.

7) Certificación acreditativa de non ter contraída ningunha débeda coa Xunta de Galicia.

8) Fotocopia da alta no imposto de actividades económicas e do último recibo pagado por este imposto.

9) Memoria descritiva do proxecto de cooperación para o que se solicita a axuda asinada polos representantes legais das empresas, no que se fagan constar, como mínimo, os seguintes extremos:

-Descrición detallada do proxecto de cooperación, con indicación da súa xustificación, obxectivos, prazos de execución e avaliación da súa posi

ble incidencia na competitividade das empresas intervenientes.

-Estudio de viabilidade técnico-económica do proxecto.

-Descrición das entidades participantes e os recursos humanos e técnicos implicados.

-Orzamento de custos do proxecto de cooperación nas distintas etapas do proceso de cooperación, desagregado por partidas para cada unha das entidades participantes.

10) Contas anuais e, se é o caso, informe de auditoría, correspondentes ó último exercicio económico pechado.

O Igape poderá solicitar calquera outra documentación que considere conveniente para os efectos de análise da solicitude.

Artigo 10º.-Resolución.

O Igape, en vista da documentación anterior e con base nos requisitos e condicións establecidos, resolverá sobre a concesión ou denegación da axuda no prazo máximo de tres meses desde a recepción da solicitude. As solicitudes de axuda que non fosen resoltas no dito prazo consideraranse desestimadas.

Na resolución de concesión farase constar, como mínimo, o importe dos gastos e custos subvencionables a xustificar, os prazos máximos de execución e de xustificación, e a contía da subvención concedida. Así mesmo establecerá a obriga por parte dos beneficiarios da realización das accións contidas no proxecto que posibiliten alcanza-lo acordo definitivo de cooperación a formalizar conforme algunha das seguintes fórmulas asociativas:

-Agrupación europea de interese económico (AEIE).

-Agrupación de interese económico (AIE).

-Unión temporal de empresas (UTE).

-Sociedade mercantil.

-Calquera outra fórmula xurídica ou contractual entre as partes elevada a escritura pública.

Igualmente, a resolución establecerá a automática reducción á metade do importe da subvención concedida nos casos en que malia terse acreditado polos beneficiarios a realización das accións de cooperación aprobadas, estas non cristalizasen nun acordo formalizado segundo algunha das fórmulas anteditas.

A resolución de concesión poderá establecer condicións técnicas ou económicas de observancia obrigatoria para a realización do proxecto subvencionable, así como a esixencia de presentación dunha memoria dos resultados obtidos, previsións de explotación ou calquera outra información que se coide necesaria.

O Igape notificaralles ós solicitantes a resolución individual recaída para cada proxecto. Nos casos

de resolución de concesión e sempre que non se interpuxera recurso contra ela, os beneficiarios deberán manifesta-la súa aceptación da resolución recaída e das condicións establecidas nela dentro do prazo de 30 días contado desde a súa notificación. Transcorrido o dito prazo sen que os beneficiarios manifesten a súa aceptación, quedará sen efecto a concesión da subvención.

A aceptación polos interesados suporá a obriga solidaria de cumpri-las condicións e obrigas establecidas na resolución, no Decreto 309/1995 e nesta orde e demais disposicións que sexan de aplicación.

Artigo 11º.-Xustificación.

A xustificación ante o Igape da realización do proxecto de cooperación aprobado realizarana polos beneficiarios dentro dos tres meses seguintes ó vencemento do prazo de execución establecido na resolución individual de concesión. Para estes efectos e sen prexuízo da facultade de control do Igape establecida no parágrafo seguinte, as empresas beneficiarias deberán achega-los orixinais ou copias debidamente compulsadas de todos aqueles documentos que xustifiquen a efectiva realización do proxecto aprobado.

En todo caso o Igape poderá requiri-la documentación e peritaxes ou realiza-las actuacións ou inspeccións que considere convenientes.

Non obstante, co fin de axiliza-la tramitación e sen prexuízo dos xustificantes acreditativos da realización do proxecto de cooperación aprobado, o Igape poderá aceptar revisións de auditorías, que conterán a información que requira o dito organismo para permitirlle enxuíza-lo cumprimento das condicións impostas na resolución individual de concesión da subvención.

Artigo 12º.-Pagamento da subvención.

Para o cobro da subvención os beneficiarios deberanlle presentar ó Igape, xunto cos documentos que xustifiquen o cumprimento das condicións impostas na resolución individual de concesión, de acordo co exposto no artigo 12º, unha solicitude de cobro segundo o modelo que figura como anexo II da presente orde.

Con carácter previo ó aboamento da subvención, que se realizará nun único pago, será requisito imprescindible que o Igape considere xustificada a realización do proxecto de cooperación empresarial e o cumprimento das condicións establecidas na resolución individual.

Para o pagamento da subvención os beneficiarios deberán xustifica-lo cumprimento formal das súas obrigas fiscais e fronte á Seguridade Social, e non ter contraída débeda ningunha coa Xunta de Galicia.

Artigo 13º.-Tramitación conxunta dos expedientes.

Naqueles casos en que o número de solicitantes para un mesmo proxecto de cooperación sexa ele

vado, o Igape poderá acordar fórmulas de colaboración para a tramitación conxunta dos expedientes.

Artigo 14º.-Información e inspección.

Sen prexuízo dos mecanismos de control establecidos legalmente, o Igape, ben directamente a través dos seus órganos, ben indirectamente a través das entidades que designe, poderá efectua-las inspeccións que considere oportunas para os efectos de comproba-la aplicación das axudas ás finalidades para as que foron concedidas e o cumprimento dos requisitos e condicións delas, debendo os beneficiarios facilitar ó máximo o dito labor inspector e achega-la documentación ou información ó respecto que lles sexa solicitada.

Artigo 15º.-Modificación da concesión.

O Igape poderá incoar procedemento de modificación da subvención inicial para adaptala ás novas circunstancias, logo de solicitude do beneficiario, nos casos en que se produza un incumprimento parcial, se se acredita que o dito incumprimento non resulta de gran entidade, non desvirtúa a finalidade da subvención ou non é imputable ó beneficiario.

A resolución de modificación establecerá as novas condicións da subvención e decretará o reintegro da subvención indebidamente percibida, calculado segundo o establecido no artigo seguinte:

Artigo 16º.-Perda da subvención.

De forma solidaria entre os beneficiarios, procederase ó reintegro das cantidades percibidas e á esixencia de xuros de demora desde o momento de calquera pagamento con cargo á subvención concedida nos seguintes casos:

a) Incumprimento da obriga de xustificación.

b) Obte-la subvención sen reuni-las condicións requiridas para iso.

c) Incumprimento da finalidade para a que a subvención foi concedida.

d) Incumprimento das condicións impostas ó beneficiario con motivo da concesión da subvención.

Se o incumprimento derivase da inobservancia dalgunha outra condición ou suposto distinto ós anteriores, poderá dar lugar a un incumprimento parcial e o seu alcance será determinado en función do grao e a entidade da condición incumprida. A concorrencia de distintas causas de incumprimento dará lugar á apreciación conxunta delas.

Artigo 17º.-Compatibilidade.

As axudas previstas nesta orde serán compatibles con outras axudas e subvencións da Unión Europea, doutras administracións ou entes públicos ou privados, pero sen que en ningún caso, illadamente ou en concorrencia con outras axudas, poidan supera-los límites establecidos pola Unión Europea.

Disposición adicional

Correspóndelle ó Igape a facultade de dicta-las disposicións necesarias para a aplicación das axudas previstas nesta orde, así como para resolve-las dúbidas concretas que se susciten en aplicación dela.

Disposición final

A presente orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 24 de xullo de 1996.

José Antonio Orza Fernández

Conselleiro de Economía e Facenda

5914