Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Xoves, 08 de agosto de 1996 Páx. 7.554

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 6 de xuño de 1996 pola que se integra a determinado funcionario da Xunta de Galicia na escala superior de finanzas.

Mediante orde da Consellería de Economía e Facenda do 3 de decembro de 1993, fíxose pública a relación de persoal que podía acceder ós cursos establecidos no artigo 2 do Decreto 368/1992, do 17 de decembro, de integración na escala superior de finanzas. Entre o persoal relacionado atópase o funcionario Manuel Soto Marcos, NRP 33.797.180.46 A2060, pertencente ó corpo superior da Xunta.

Por resolución da Consellería de Economía e Facenda do 24 de novembro de 1995 autorízase, con carácter extraordinario, a asistencia ó curso selectivo da oposición para o ingreso no corpo superior da Administración da Xunta de Galicia, grupo A, escala superior de finanzas, a Manuel Soto Marcos que, por razóns de forza maior, non puido asistir ó curso da especialidade de xestión tributaria sinalado no artigo 3 da Orde do 2 de decembro de 1993, convocado por resolución da Consellería de Economía e Facenda do 18 de febreiro de 1994.

Superado o curso antedito cómpre proceder á súa integración na escala superior de finanzas, logo da comunicación da Consellería de Economía e Facenda, por isto, de conformidade co artigo 7 do Decreto 368/1992, do 17 de decembro, que establece que a integración prevista na norma finalizará mediante orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública, logo da comunicación da Consellería de Economía e Facenda,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Queda integrado na escala superior de finanzas o funcionario da Xunta de Galicia do que a seguir se sinalan os datos, por considerarse cumprido o establecido no artigo 2 do Decreto 368/1992, do 17 de decembro.

Curso de 300 horas (artigo 1 b), Orde do 2 de decembro de 1993, DOG nº 235, do 9 de decembro).

DNI: 33.797.180.

Apelido e nome: Soto Marcos, Manuel.

Especialidade escala superior finanzas: xestión tributaria

Artigo 2º

A xefatura do centro no que presta servicio o funcionario consignará no título administrativo a correspondente dilixencia, unha copia da que se lle enviará á Dirección Xeral da Función Pública e outra á Inspección Xeral de Servicios.

Artigo 3º

Contra a presente orde, que é definitiva en vía administrativa, poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó día da súa notificación, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme o disposto no artigo 58 da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa do 27 de decembro de 1956, logo de comunicalo a esta Consellería, segundo o previsto no artigo 110.3º da Lei 30/1992 do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 6 de xuño de 1996.

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública

5913