Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Luns, 05 de agosto de 1996 Páx. 7.450

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

DECRETO 318/1996, do 26 de xullo, polo que se declara a urxente ocupación, para efectos de expropiación forzosa, pola Deputación Provincial de Lugo, dos bens e dereitos necesarios para a realización das obras do proxecto 45 RVL 95 P.O.L., alargamento e mellora da E.P. 30-40 de Vilardemouros por San Martín de Lúa a Pontigón, p.k. 1,374 ó 2,722.

A Deputación Provincial de Lugo, en sesión celebrada o día 17 de novembro de 1995, aprobou o proxecto de 45 RVL 95 P.O.L., alargamento e mellora E.P. 30-40 de Vilardemouros por S. Martín de Lúa a Pontigón, p.q. 1,374 ó 2,722, e na sesión do día 28 de febreiro de 1996 acordou solicitar da Xunta de Galicia a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola expropiación forzosa ó abeiro do disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa. A deputación remitiu documentación complementaria para a correcta tramitación do expediente con data de entrada no rexistro xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais o día 24 de xuño de 1996 de baixo o número 6397.

Os bens nos que se concreta a declaración de urxente ocupación están determinados no expediente que se someteu a información pública.

A Dirección Xeral de Calidade Medioambiental e Urbanismo da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda emitiu informe favorable. O dito informe tivo entrada no rexistro xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais o día 1 de xullo 1996, nº 6663.

Considérase necesaria a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos precisos para a realización das obras do proxecto técnico sinalado, porque este proxecto figura incluído nun plan financiado con fondos estatais de colaboración local incluídos nos orzamentos xerais do Estado para o ano 1995, e por tanto aplícaselle o disposto na correspondente lei así como no artigo 15 do R.D. 665/1990, do 25 de maio que di: «O Plan provincial de cooperación deberá, con carácter xeral, quedar totalmente executado dentro do ano siguiente a aquel en que fose concedida la subvención».

A competencia para a declaración da urxente ocupación corresponde ó Consello da Xunta de Galicia segundo o disposto nos artigos 27.2º e 28.2º do Estatuto de autonomía de Galicia.

Na súa virtude, por proposta do conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vinteseis de xullo de mil novecentos noventa e seis,

DISPOÑO:

Artigo único.-De conformidade co disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, declárase a urxente ocupación, pola Deputación Provincial de Lugo para efectos de expropiación forzosa, dos bens e dereitos concretados no expediente administrativo instruído para o efecto e necesarios para a execución das obras do proxecto de 45 RVL 95 P.O.L., alargamento e mellora E.P. 30-40 de Vilardemouros por S. Martín de Lúa a Pontigón, p.k. 1,374 ó 2,722.

Santiago de Compostela, vinteseis de xullo de mil novecentos noventa e seis.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Jesús C. Palmou Lorenzo

Conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais

4618