Advertido erro no citado decreto publicado no Diario Oficial de Galicia número 114, do 11 de xuño de 1996, transcríbese de seguido a oportuna corrección de erros:
-Na páxina 5.669, no artigo 1 do decreto nas liñas 3ª e 4ª do parágrafo 1º, onde di: «...cun faro de prata acompañado no alto dun torques de ouro brochante...», debe dicir: «...e un faro de ouro sumado dun torque do mesmo brochantes...».
-Na páxina 5.669, no artigo 2 do decreto nas liñas 2º, 3ª, 4ª e 5ª do parágrafo 2º, onde di: «...partido de azul escuro ou mareiro o hasta (1/3), co faro de branco e a torques de amarelo, e de azul claro ou celeste ó batente (2/3)...», debe dicir: «...dividida verticalmente a un tercio da hasta, de azul escuro á hasta, co faro e o torque de amarelo, e de azul claro ó batente...».
5849