Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Luns, 05 de agosto de 1996 Páx. 7.449

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 8 de xullo de 1996 pola que se proclaman os candidatos para cubri-las prazas vacantes no Consello Galego de Servicios Sociais.

En desenvolvemento da Lei 4/1993, do 14 de abril, de servicios sociais, pola que se configura o Consello Galego de Servicios Sociais como órgano

superior consultivo e de participación da Comunidade Autónoma no eido dos servicios sociais, dictáronse o Decreto 336/94, do 27 de outubro, que establece a composición do devandito consello e a Orde do 10 de maio de 1995, que determina as normas e prazos que deberían rexe-lo procedemento para a designación ou elección, segundo o caso, e posterior nomeamento dos vocais do consello.

Proclamados os candidatos e efectuadas as votacións, procedeuse a publica-los resultados das eleccións dos vocais do Consello Galego, quedando algúns sectores sen representación, ó non presentaren as entidades candidatura ou porque, presentádoa, non cumprían os requisitos formais establecidos na refererida orde, polo que, en virtude da Orde do 8 de abril de 1996 (DOG nº 80, do 24 de abril), se convocou un novo proceso electivo para cubri-las prazas vacantes do Consello Galego de Servicios Sociais.

Para os efectos de proceder ás votacións e, de conformidade co disposto no artigo 4 da Orde do 10 de maio de 1995, que establece un prazo de quince días naturais desde a publicación desta resolución para que as entidades con dereito a voto poidan emitilo, segundo o modelo que se publica como anexo V a dita orde, esta consellería,

RESOLVE:

Proclama-los candidatos a vocais do Consello Galego de Servicios Sociais, en representación das entidades que actúan na área da muller:

María Josefa Castro Aznar, Asociación Benéfico Cultural Brisa.

María Nieves Cuéllar Redondo, Asociación Provincial de Amas de Casa y Consumidores Rías Baixas.

Santiago de Compostela, 8 de xullo de 1996.

José María Hernández Cochón

Conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais

5524