Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Luns, 05 de agosto de 1996 Páx. 7.449

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 3 de xullo de 1996, da Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Centros, pola que se lles autoriza a ampliación de unidades do segundo ciclo de educación infantil ós centros privados que se relacionan no anexo.

Examinados os expedientes incoados polas titularidades dos centros privados que se relacionan no anexo da presente resolución nos que solicitan a ampliación de unidades do segundo ciclo de educación infantil.

Resultando que os expedientes foron tramitados polas respectivas delegacións provinciais de Educación e Ordenación Universitaria que os envían cos informes emitidos polas inspeccións de educación e polas unidades técnicas.

Vistos a Lei Orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo (BOE do 4), o Real Decreto 1004/1991, do 14 de xuño (BOE do 26), o Decreto 133/1995, do 10 de maio (DOG do 22), a Orde do 20 de setembro de 1995 (DOG do 15 de decembro) e demais disposicións complementarias.

Considerando que os devanditos centros privados teñen autorización ou clasificación definitiva para impartir educación preescolar.

Considerando que o Real Decreto 1004/1991 establece, na súa disposición transitoria terceira, que os centros privados que teñan autorización ou clasificación definitiva para imparti-la educación preescolar, na entrada en vixencia deste Real decreto, enténdense autorizados para poder imparti-lo segundo ciclo de educación infantil, suposto que se dá nos centros solicitantes. Esta dirección xeral,

RESOLVEU:

Autoriza-la ampliación de unidades do segundo ciclo de educación infantil ós centros privados que se relacionan no anexo da presente resolución,

facendo constar que, para a posta en funcionamento das mesmas, a titulación do profesorado deberá axustarse ó establecido no Real Decreto 1004/1991.

Santiago de Compostela, 3 de xullo de 1996.

Severino Somoza Gómez

Director xeral de Ordenación Educativa e Centros

ANEXO

PROVINCIA DA CORUÑA

Concello: Santiago de Compostela.

Localidade: Santiago de Compostela.

Enderezo: Concepción Arenal, 11.

Denominación: La Inmaculada.

Titular: Hermanos de las Escuelas Cristianas.

Nivel: educación infantil-2º ciclo.

Unidades de que constaba: 2.

Unidades novas autorizadas: 1.

Total de unidades autorizadas: 3.

Concello: Santiago de Compostela.

Localidade: Santiago de Compostela.

Enderezo: San Roque, 6.

Denominación: La Salle.

Titular: Hermanos de las Escuelas Cristianas.

Nivel: educación infantil-2º ciclo.

Unidades de que constaba: 6.

Unidades novas autorizadas: 2.

Total de unidades autorizadas: 8.

PROVINCIA DE OURENSE

Concello: Ourense.

Localidade: Ourense.

Enderezo: Rúa Vasco da Fonte, polígono As Lagoas.

Denominación: A Casiña-Lagunas.

Titular: Cáritas Diocesana de Ourense.

Nivel: educación infantil-2º ciclo.

Unidades de que constaba: 2.

Unidades novas autorizadas: 1.

Total de unidades autorizadas: 3.

PROVINCIA DE PONTEVEDRA

Concello: Cangas.

Localidade: Cima de Vila.

Enderezo: Enseñanza, 9.

Denominación: Compañia de María.

Titular: Compañia de María.

Nivel: educación infantil-2º ciclo.

Unidades de que constaba: 4.

Unidades novas autorizadas: 2.

Total de unidades autorizadas: 6.

5694