Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Mércores, 31 de xullo de 1996 Páx. 7.337

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 5 de xullo de 1996, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e dos estatutos da asociación Centros de Ensino en Perruquería e Estética de Galicia (Cepega).

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos neste, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral foron depositados a acta de constitución e estatutos da asociación Centros de Ensino en Perruquería e Estética de Galicia (Cepega), que ten os seguintes ámbitos:

Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Profesional: poderán asociarse á devandita asociación cantas persoas físicas ou xurídicas posúan polo menos un centro de ensino regrado en perruquería e estética en Galicia.

Asinan a acta de constitución: José Vázquez Montero e tres persoas máis.

Santiago de Compostela, 5 de xullo de 1996.

Juan Pedrosa Vicente

Director xeral de Relacións Laborais

5761