Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Mércores, 31 de xullo de 1996 Páx. 7.337

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 18 de xullo de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se anuncia a licitación de obras 4/1996, mediante o sistema de poxa, procedemento aberto.

A Delegación Provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes da Coruña, resolve convoca-la seguinte licitación de obras polo sistema de poxa, procedemento aberto.

Obxecto: a contratación da execución das obras que figuran na relación adxunta, de acordo cos proxectos e pregos aprobados. O orzamento, prazo de execución das obras e clasificación dos contratistas serán os que se sinalan na relación.

Fianza provisional: exenta.

Exposición de pregos e proxectos: estarán de manifesto nos servicios de Contratación e de Estructuras e Desenvolvemento Rural desta delegación (edificio administrativo Monelos-praza Luis Seoane, s/n, 3º e 6º piso, A Coruña), de 9 a 14 horas, durante o prazo de presentación de proposicións.

Prazo de presentación de proposicións: comezará o día seguinte ó da publicación desta resolución e rematará ás 12 horas do vixésimo sexto día seguinte que non cadre a sábado.

Lugar de presentación de proposicións: o rexistro da delegación provincial e na forma legalmente establecida (Art. 100 RXC).

Documentación que deberán presenta-los licitadores: a que se sinala nos pregos de cláusulas administrativas particulares.

Apertura de proposicións: ás 10 horas do décimo día hábil seguinte ó de remate do prazo de presentación de proposicións, que non cadre en sábado.

Gastos de publicación: por conta dos adxudicatarios.

-Título do proxecto: acondicionamento da zona de concentración parcelaria de carácter privado dos montes de Frieiro. Santa Comba-A Coruña. CO96/212.037 X-2951.

Orzamento: 7.109.060 ptas.

Prazo de execución: tres (3) meses.

Clasificación dos contratistas: non se precisa.

-Título proxecto: mellora da capa de rodadura nos camiños da zona de concentración parcelaria de Cando. Outes-A Coruña. CO96/212.060 X-3558.

Orzamento: 12.668.627 ptas.

Prazo de execución: sete (7) meses.

Clasificación dos contratistas: non se precisa.

-Título do proxecto: proxecto de camiños na zona de concentración parcelaria de Vitre-Céltigos. Frades-A Coruña. CO96/212.080 X-3214.

Orzamento: 127.648.248 ptas.

Prazo de execución: dezaoito (18) meses.

Clasificación contratistas: grupo G, subgrupo 6, categoría d.

A Coruña, 18 de xullo de 1996.

Rogelio Aramburu Núñez

Delegado provincial da Coruña

5493