Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Mércores, 31 de xullo de 1996 Páx. 7.338

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 25 de xuño de 1996, da Dirección-Xerencia do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo de Oza, pola que se anuncia o concurso aberto C.E. 2/1996, polo trámite de urxencia, para a contratación da cafetería e comedor do Hospital Marítimo de Oza.

O director-xerente do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo de Oza, en virtude das atribucións que lle foron delegadas por orde comunicada do presidente do Sergas do 29 de decembro de 1995, sobre delegación da tramitación e resolución da presente contratación, e unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-la licitación que a seguir se cita:

Obxecto: cafetería e comedor, tipo autoservicio, do novo Hospital Marítimo de Oza (contrato administrativo especial do artigo 5.2º b) da LCAP).

Orzamento: de acordo cos pregos, a contratación non supón gasto para a Administración, correspondendo tódolos custos ó adxudicatario.

Garantía provisional: 2.500.000 pesetas.

1. Forma de adxudicación: concurso, polo procedemento aberto e tramitación de urxencia.

2. Prazo de vixencia: desde a súa adxudicación ata, como máximo, o 31 de decembro do ano 2003.

3. Admisión de variantes: autorízase a presentación de ata dúas variantes a cada licitador, ademais da oferta básica.

4. Solvencia económica e financeira: acreditarase polos medios previstos no artigo 16.1º, letras a) e c) da LCAP.

5. Solvencia técnica ou profesional: acreditarase polo medio previsto no artigo 19, letra b) da LCAP.

6. Criterios de adxudicación: ve-lo número 10.1 do prego de cláusulas administrativas particulares.

7. Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria poden ser solicitados na Dirección de Xestión-Sección de Investimentos (edifico da Escola de Enfermería, soto, anexo ó Hospital Juan Canalejo), As Xubias de Arriba, 84, 15006 A Coruña, en días laborables desde as 9 ata as 14 horas. Teléfono (981) 17 70 73. Fax (981) 17 80 71.

8. Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral do Complexo Hospitalario Juan Canalejo, antes das 14 horas do décimo terceiro día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou enviadas por correo, dentro do prazo sinalado. Cando as proposicións se envíen por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó órgano

de contratación a remisión da oferta mediante fax (981) 17 80 71 ou telegrama no mesmo día.

9. Apertura das proposicións: terá lugar na sala de xuntas de Xerencia do Complexo Hospitalario Juan Canalejo, a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel no que termine o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

10. Documentación que deberán achega-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Anuncios: os anuncios do presente concurso serán por conta do adxudicatario do contrato,

A Coruña, 25 de xuño de 1996.

Josep Santacreu Bonjoch

Director xerente do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo de Oza

5763