Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Mércores, 31 de xullo de 1996 Páx. 7.338

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 9 de xullo de 1996, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia concurso polo procedemento aberto, con trámite de urxencia, para a adquisición de cinco equipos de radioloxía para diversos centros de saúde (SCC.-31/1996).

1. Nome e dirección do servicio: Servicio Galego de Saúde, Dirección Xeral de Recursos Económicos, edificio administrativo de San Caetano, bloque 2-2º andar, 15704 Santiago de Compostela, teléfono: (981) 54 27 67; fax: (981) 54 27 62.

2. Modalidade da adxudicación: concurso.

3. a) Lugar da entrega da subministración: diversos centros de saúde.

b) Natureza e cantidade dos productos que se deben subministrar: cinco equipos de radioloxía.

-Orzamento total: setenta e tres millóns setecentas cincuenta mil pesetas (73.750.000 ptas.), IVE incluído.

Anualidades: Ano 1996: 59.000.000 de ptas.

Ano 1997: 14.750.000 ptas.

c) Indicacións relativas á posibilidade de que os subministradores liciten por partes ou polo conxunto da subministración requirida: a totalidade da subministración, non se admiten variantes.

4. Prazo de entrega eventualmente imposto: 30 días.

5. a) Nome e enderezo do servicio ó que se pode solicita-los documentos pertinentes: ver prego de cláusulas, punto 1.

b) Data límite para efectuar esta solicitude: 6 de setembro de 1996.

6. a) Data límite da recepción das ofertas: 13 de setembro de 1996.

b) Enderezo ó que se dirixirán: ver prego de cláusulas, punto 1

c) Lingua o linguas en que deban redactarse: castelán ou galego.

7. a) Persoas admitidas a asistir á apertura das ofertas: apertura en acto público.

b) Data, hora e lugar da dita apertura: sala de xuntas do Servicio Galego de Saúde en San Lázaro a partir das 10 horas do 24 de setembro de 1996.

8. Fianzas e garantías esixidas: fianza provisional do 2% do orzamento de licitación: 1.475.000 ptas.; fianza definitiva do 4% do orzamento de licitación: 2.950.000 ptas. Ver punto 8 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas.

9. Modalidades esenciais de financiamento e pagamento e/ou referencias ós textos que as regulan: véxase prego de claúsulas administrativas particulares.

10. Forma xurídica que deberá adopta-la agrupación de provedores: artigo 24 da Lei de contratos das administracións públicas.

11. Informacións e formalidades necesarias para a avaliación das condicións mínimas de carácter económico e técnico que deberá reuni-lo provedor: véxase folla de especificacións e enquisa técnica que se xuntan ó prego de cláusulas administrativas particulares.

12. Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 12 meses desde a apertura de proposicións.

13. Criterios que se seguirán para adxudica-lo contrato: ver prego de condicións, punto 12.

14. Outras informacións: no enderezo e servicio indicado no punto 1.

15. Data de envío do anuncio a Oficina das Publicacions Oficiais das Comunidades Europeas: 23 de xullo de 1996.

16. Anuncios: o importe do anuncio da presente resolucción na prensa e nos boletíns oficiais será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 9 de xullo de 1996.

Antonio Fdez-Campa García-Bernardo

Director xeral de Recursos Económicos

5762