Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Luns, 29 de xullo de 1996 Páx. 7.260

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

CÉDULA do 24 de xuño de 1996, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación de incoación de expediente sancionador de epizootias LU-171/1996, devolta polo servicio de correos por atoparse ausente nas horas de reparto o seu destinatario.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ó denunciado, cos datos persoais e último enderezo coñecido que se sinala a continuación, a notificación de incoación do correspondente expediente sancionador polo delegado provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes de Lugo.

Noméase instructor do procedemento a Mauricio Alonso Troncoso e secretaria a Mª Jesús Fernández Martínez, funcionarios desta delegación provincial. A resolución será acordada polo delegado provincial desta consellería.

O denunciado disporá dun prazo de quince (15) días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta cédula para que poida examina-lo expediente nesta delegación provincial, sita na Ronda da Muralla, 197, a presenta-lo descargo e documentos que considere convenientes na súa defensa, así como para a recusación das persoas designadas como instructor e secretario en calquera momento da tramitación do expediente.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. Para efectualo deberá emprega-los impresos nor

malizados que lle serán facilitados nesta delegación provincial, sita na Ronda da Muralla, 197-Lugo.

Lugo, 24 de xuño de 1996.

José Ramón Molinero Senovilla

Delegado provincial de Lugo

ANEXO

Expediente: LU-171/1996.

Denunciado: Miguel A. Sánchez Hortas.

DNI: 34.982.163.

Último enderezo coñecido: Rúa Progreso, 203-1º d. A Rúa (Ourense).

Feitos imputados: transporte de animais sen a guía de orixe e sanidade pecuaria.

Precepto infrinxido: artigo 32 do regulamento da Lei de epizootias.

Precepto sancionador: artigo 212 do regulamento da Lei de epizootias.

Sanción posible: do 20 ó 30 por 100 do valor do animal.

Instructor: Mauricio Alonso Troncoso.

5394