Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Luns, 29 de xullo de 1996 Páx. 7.260

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 20 de xuño de 1996 pola que se aproba o cambio de dominio mortis-causa da batea Jose número 1.

Visto o expediente incoado por José Manuel Piñeiro Romero, no que se solicita o cambio de dominio mortis causa da batea de cultivo de mexillón denominada Jose nº 1, outorgado pola orde ministerial do 30-3-1968, situado na cuadrícula nº 98, do polígono «A» de Vilagarcía, rematando a concesión o 13-4-1998, e do que era titular Manuel Piñeiro Oubiña.

Tendo en conta o informado polo Servicio Xurídico e de Planificación e de conformidade co sinalado no artigo 59 da Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia e considerando que ó expediente figuran unidos o certificado de defunción, a certificación do rexistro de últimas vontades, o testamento debidamente liquidado de imposto, a relación de bens debidamente liquidada de impostos, esta cosnellería tivo a ben acceder ó solicitado, declarando titular da concesión administrativa e do viveiro do que se trata, nas mesmas condicións cas expresamente consignadas na orde ministerial de outorgamento, a favor de Encarnación Romero Iglesias, Jesús Mª Piñeiro Romero e José Manuel Piñeiro Romero.

Os novos titulares subróganse no prazo, dereitos e obrigas do anterior, así como queda obrigado a observa-las disposicións en vigor sobre este particular.

Vigo, 20 de xuño de 1996.

P.D. (Orde 27-6-1990)

José M. Gabeiras Vérez

Delegado territorial de Vigo (Pontevedra)

5395