Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Luns, 29 de xullo de 1996 Páx. 7.259

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 18 de xullo de 1996, da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso aberto, para a contratación dos servicios consistentes na análise, desenvolvemento e mantemento de diversos programas informáticos da consellería.

Obxecto: contratación dos servicios consistentes na análise, desenvolvemento e mantemento de diversos programas informáticos da consellería, mediante o sistema de concurso aberto, que detallamos a continuación:

a) Contratación de servicios para o mantemento da ofimática e formación de usuarios e xestión e planificación da rede informática da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes da Xunta de Galicia.

b) Contratación de servicios para o desenvolvemento e mantemento das aplicacións informáticas de xestión e control da contratación da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes.

c) Contratación de servicios para o desenvolvemento e mantemento da aplicación informática de xestión de subvencións da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes da Xunta de Galicia.

d) Contratación de servicios para o desenvolvemento e mantemento da aplicación informática de vehículos e de auxilios da Dirección Xeral de Producción Agropecuaria e Industrias Agroalimentarias da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes da Xunta de Galicia.

e) Contratación de servicios para o desenvolvemento e mantemento da aplicación de licencias de caza, pesca fluvial e embarcacións deportivas.

f) Contratación de servicios para o desenvolvemento e mantemento das aplicacións informáticas en contorno local e das redes de área local da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes da Xunta de Galicia.

g) Contratación de servicios para o mantemento, avaliación e control dos medios informáticos da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes da Xunta de Galicia.

Orzamento de licitación: cinco millóns trescentas corenta mil pesetas (5.340.000 ptas.) en cada un dos apartados.

Fianza definitiva: exenta (Art. 38 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas).

Clasificación: non é necesaria.

Prazo de execución: un ano.

Exposición do proxecto e pregos: o prego de cláusulas administrativas particulares e o prego de prescricións técnicas estarán á disposición dos interesados en días e horas de oficina no Servicio de Contratación da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes (Edf. Admtvo. San Caetano, s/n, Santiago de Compostela).

Modelo de proposición: a proposición económica formularase estrictamente conforme o modelo que figura no prego de cláusulas administrativas particulares.

Presentación e apertura de proposicións: as proposicións serán entregadas no rexistro xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes ou en calquera das vías admitidas polo artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, antes das 14 horas do día 23 de agosto de 1996.

A apertura de proposicións terá lugar o día 29 de agosto de 1996, ás 13 horas, nas oficinas da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes (San Caetano, Santiago de Compostela).

Gastos de publicación: o importe do presente anuncio será por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 18 de xullo de 1996.

P.D. (Orde 13-12-1993, DOG nº 239, 14-12)

Antonio L. Rosón Pérez

Secretario xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes

5471