Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Martes, 23 de xullo de 1996 Páx. 7.138

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

EDICTO do 14 de xuño de 1996, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, polo que se resolve o expediente de clasificación 33/1983 dun monte desta provincia.

Para os efectos previstos no artigo 28 do regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, o Decreto 260/1992, do 4 de setembro, e de conformidade co disposto no artigo 60.1º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, faise público que o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, na sesión celebrada o 3 de maio de 1993 na sala de xuntas da Delegación Provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, baixo a presidencia do delegado, coa asistencia do vicepresidente Eduardo Prada Guzmán, os vocais Manuel Martínez Garrido, Manuel Veiga Franco e do secretario Ramón Martínez Blanco, dictou a resolución de clasificar como veciñal en man común o monte seguinte:

Expediente número: 33/1983.

Denominación: montes Dorna, Cedo, Cabanas e Pousadoiro.

Comunidade propietaria: veciños dos lugares de Cabanela e Figueira.

Parroquia: Cabanela.

Concello: Navia de Suarna.

Superficie: 75 ha.

Lindeiros:

Norte: montes de Figueira e Queizán, desde as proximidades da Cancela da Dorna ata as do Penedo do Porco. Leste: monte de Vilarguende polo regueiro do mesmo nome. Sur: monte da Igrexa e da Cabanela polo regato da Cabanela. Oeste: monte e searas da Cabanela, polo Castro e regato de Figueira ata Fondo da Dorna.

Contra a presente resolución poderá interporse recurso contencioso-administrativo nun prazo de

dous meses desde a súa notificación, perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co disposto no artigo 58 da lei reguladora da antedita xurisdicción en relación co artigo 12 da Lei de montes veciñais en man común e o artigo 28 do seu regulamento, modificados os dous preceptos legais pola Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Lugo, 14 de xuño de 1996.

José Ramón Molinero Senovilla

Presidente do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo

9605370