Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Martes, 23 de xullo de 1996 Páx. 7.139

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

EDICTO do 14 de xuño de 1996, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, polo que se resolven varios expedientes de clasificación de montes desta provincia (006-4, 11, 12, 13 e 20/1992).

Para os efectos previstos no artigo 28 del regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de ouctubro, de montes veciñais en man común, o Decreto 260/1992, do 4 de setembro, e de conformidade co disposto no artigo 60.1º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, faise público que o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, na sesión celebrada o 3 de maio de 1993 na sala de xuntas da Delegación Provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, baixo a presidencia do delegado da mesma e coa asistencia do vicepresidente Eduardo Prada Guzmán, os vocais Manuel Martínez Garrido, Manuel Veiga Franco e do secretario Ramón Martínez Blanco, dictou a resolución de non clasificar como veciñais en man común os montes seguintes:

Expediente número: 006-4/1992, monte Chairas, no lugar de Liber, parroquia de Liber, concello de Becerreá.

Expediente número: 006-11/1992, montes Mestas, Veiga das Faias, Reboleira e Forxa, nos lugares de Golada e Pontes de Gatín, parroquia de Liber, concello de Becerreá.

Expediente número: 006-12/1992, monte Barreiro, nos lugares de Barreiro e Liber, parroquia de Liber, concello de Becerreá.

Expediente número: 006-13/1992, monte Cormes, no lugar de Cormes, parroquia de Morcelle, concello de Becerreá.

Expediente número: 012-20/1992, montes de Pombeiro, no lugar de Pombeiro, parroquia de Castelo, concello de Cervantes.

Contra a presente resolución poderá interporse recurso contencioso-administrativo nun prazo de dous meses desde a súa notificación, perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co disposto no artigo 58 da lei reguladora da antedita

xurisdicción en relación co artigo 12 da Lei de montes veciñais en man común e o artigo 28 do seu regulamento, modificados os dous preceptos legais pola Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Lugo, 14 de xuño de 1996.

José Ramón Molinero Senovilla

Presidente de Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo

5303