Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Martes, 23 de xullo de 1996 Páx. 7.137

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

EDICTO do 14 de xuño de l996, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, polo que se inicia a tramitación dos expedientes de clasificación de montes desta provincia 32/1993 e 3, 4, 5 e 6/1995.

Perante este Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común, tramítanse os expedientes de clasificación dos montes coas características que se indican a continuación:

Expediente número 32/93:

Denominación: monte de Vilagarcía.

Comunidade propietaria: veciños do lugar de Vilagarcía.

Parroquia: Córneas.

Concello: Baleira.

Superficie: 293 ha.

Lindeiros: os do térmo veciñal son:

Norte: concello da Fonsagrada (montes de Castosa e de Redrollán); leste: concello de Navia de Suarna (monte de Paradela); sur: monte de Rebedul e de Paradela; e oeste: monte de Fontecavada, térmo e monte de Antiguallas e termo e monte de Solleiro.

Expediente número 3/95:

Denominación: montes da Pobra.

Comunidade propietaria: veciños do lugar da Pobra de Navia.

Parroquia: A Pobra de Navia.

Concello: Navia de Suarna.

Superficie: 39 ha.

Lindeiros: para o conxunto destes dous montes e térmo:

Norte: estrada e predios particulares; leste: monte de Barcia; sur: montes de Vilarpandín e de Freixís; e oeste: estrada de Becerreá a Navia de Suarna.

Expediente número 4/95:

Denominación: monte de Río.

Comunidade propietaria: veciños do lugar de Río.

Parroquia: Folgueiras.

Concello: Navia de Suarna.

Superficie: 5 ha.

Lindeiros:

Norte: monte de Vilaverde; leste: predios particulares do río Miguelo; sur: predios particulares do río Miguelo; e oeste: río Miguelo, dividindo con montes de Son.

Expediente número 5/95:

Denominación: montes de Vilarantón.

Comunidade propietaria: veciños do lugar de Vilarantón.

Parroquia: Muñís.

Concello: Navia de Suarna.

Superficie: 46 ha.

Lindeiros: os xerais para montes e térmo, son:

Norte: prados e predios particulares do río Navia e estrada da Pobra de Navia a Tabillón; leste: prados particulares e predios de Muñís; sur: predios particulares; e oeste: montes de Sevane, de Vilarpandín e de Barcia.

Expediente número 6/95:

Denominación: montes Seón ou Pena Parda e Redondas Comunidade propietaria: veciños do lugar de Seón.

Parroquia: Freixís.

Concello: Navia de Suarna.

Superficie: 106 ha.

Lindeiros: os xerais do monte e térmo veciñal son:

Norte: monte de Freixís; leste: montes de Vilarpandín e Virigo; sur: monte de Vilaverde; e oeste: predios particulares e térmo de Vilameixide.

En virtude do acordado polo xurado na sesión celebrada o 29 de marzo de l993 e conforme ó disposto na Lei de montes veciñais en man común

do 10 de outubro de l989 e demais disposicións de aplicación, polo presente faise pública a iniciación dos expedientes indicados co obxecto de que, de acordo co previsto no artigo 23 do Regulamento do 23 de setembro de l992 para a execución da citada lei, cantas persoas, organismos e corporacións resulten interesadas, poidan comparecer e intervir nos expedientes iniciados e formular perante o xurado, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación do presente edicto no Diario Oficial de Galicia, cantas alegacións coiden oportunas na defensa dos dereitos que crean que os asisten en relación cos montes, achegando, se é o caso, a documentación que consideren conveniente ó respecto.

Lugo, 14 de xuño de 1996.

José Ramón Molinero Senovilla

Presidente do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo

9605369