Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Martes, 23 de xullo de 1996 Páx. 7.137

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

EDICTO do 14 de xuño de l996, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, polo que se inicia a tramitación dos expedientes de clasificación de montes desta provincia 43 e 62/1992 e 1/1995.

Perante este Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común, tramítanse os expedientes de clasificación dos montes coas características que se indican a continuación:

Expediente número 43/83:

Denominación: monte de Baliña.

Comunidade propietaria: veciños dos Lugares de Son e Vilar.

Parroquia: Son.

Concello: Navia de Suarna.

Superficie: 37 ha.

Lindeiros:

Norte: monte de Folgueiras; leste: monte de Salgueiras; sur: monte de Vilar e de Veiga, e predios particulares; e oeste: monte de Son.

Expediente número 62/92:

Denominación: montes de Rebedul.

Comunidade propietaria: veciños do lugar de Rebedul.

Parroquia: Córneas.

Concello: Baleira.

Superficie: 135 ha.

Lindeiros: os do térmo veciñal son:

Norte: termo e montes de Paradela e monte de Vilagarcía; leste: concello de Navia de Suarna (monte

de Paradela); sur: concello de Becerreá (montes do Coto e do Couso); e oeste: termo e montes de Vilardoi.

Expediente número 1/95:

Denominación: monte de Reigosa.

Comunidade propietaria: veciños do lugar de Reigosa.

Parroquia: San Cristovo do Real.

Concello: Samos.

Superficie: 61 ha.

Lindeiros:

Norte: propiedades particulares dos veciños de Abradelo; leste: monte comunal dos veciños de Abradelo; sur: monte comunal dos veciños de Nande; e oeste máis monte particular dos veciños de Reigosa e predios particulares dos veciños de Reigosa.

En virtude do acordado polo xurado na sesión celebrada o 9 de xullo de l992 e conforme o disposto na Lei de montes veciñais en man común do 10 de outubro de l989 e demais disposicións de aplicación, polo presente faise pública a iniciación dos expedientes indicados co obxecto de que, de acordo co previsto no artigo 23 do Regulamento do 23 de setembro de l992 para a execución da citada lei, cantas persoas, organismos e corporacións resulten interesadas, poidan comparecer e intervir nos expedientes iniciados e formular perante o xurado, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación do presente edicto no Diario Oficial de Galicia, cantas alegacións coiden oportunas na defensa dos dereitos que crean asistirlles en relación cos montes, achegando se é o caso, a documentación que consideren conveniente ó respecto.

Lugo, 14 de xuño de 1996.

José Ramón Molinero Senovilla

Presidente do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñas en Man Común de Lugo

5368