Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Martes, 23 de xullo de 1996 Páx. 7.137

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

CORRECCIÓN de erros.-Edicto do 26 de xuño de 1993, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, polo que se fan públicas as resolucións de varios expedientes de clasificación desta provincia (expediente 39-55/1992 e outros).

Advertido erro no devandito edicto publicado no DOG nº l89 do xoves 30 de setembro de 1993, cómpre face-la oportuna corrección:

Na páxina 6.566, columna segunda, apartado primeiro, onde di: «6. Expediente 006-6/1992. Monte Ribón. Dada conta polo secretario da proposta de resolución feita polo instructor do expediente, o xurado, por unanimidade, acorda clasificar como veciñal en man común o referido monte, sito no lugar de Pedralada, do concello de Becerreá».

Debe dicir: «6. Expediente 006-6/1992. Monte Ribón. Dada conta polo secretario da proposta de resolución feita polo instructor do expediente, o xurado, por unanimidade, acorda non clasificar como veciñal en man común o referido monte, sito no lugar de Pedrelada, do concello de Becerreá».

5367