Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Martes, 23 de xullo de 1996 Páx. 7.107

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 27 de xuño de 1996 pola que se dispón a publicación do acordo entre a Administración da Xunta de Galicia e as organizacións sindicais Comisións Obreiras (CC.OO.), Converxencia Intersindical Galega (CIG), Unión Xeral de Traballadores (UGT) e Confederación de Sindicatos Independientes y Sindical de Funcionarios (CSIF) sobre determinadas condicións especiais de traballo dos veterinarios oficiais integrados mediante o Decreto 237/1992, do 30 de xullo.

O Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día 27 de xuño de 1996, aprobou o acordo entre a Dirección Xeral de Función Pública, a Dirección Xeral de Presupostos, a Secretaría Xeral da Con

sellería de Sanidade e Servicios Sociais e a Dirección Xeral de Saúde Pública en representación da Administración da Xunta de Galicia e os representantes das organizacións sindicais Comisións Obreiras (CC.OO.) Converxencia Intersindical Galega (CIG), Unión Xeral de Traballadores (UGT) e Confederación de Sindicatos Independientes e Sindical de Funcionarios (CSIF) sobre determinadas condicións especiais de traballo dos veterinarios oficiais integrados mediante o Decreto 237/1992, do 30 de xullo, polo que se determina o réxime xurídico aplicable ó persoal que presta os servicios veterinarios oficiais da Comunidade Autónoma de Galicia, no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, clase veterinarios oficiais, con destino na Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

Este acordo foi negociado e asinado en conformidade co previsto no artigo 35 da Lei 9/1987, do 12 de xuño, de órganos de representación, determinación das condicións de traballo e participación do persoal ó servicio das administracións públicas.

A Lei 9/1987, dispón ademais no seu artigo 36, que unha vez aprobado, o acordo debe publicarse no diario oficial correspondente.

En consecuencia, por proposta conxunta das consellerías de Presidencia e Administración Pública, Economía e Facenda e Sanidade e Servicios Socias,

RESOLVO:

Dispoñe-la publicación do acordo entre a Administración da Xunta de Galicia e as organizacións sindicais Comisións Obreiras (CC.OO), Converxencia Intersindical Galega (CIG), Unión Xeral de Traballadores (UGT), Confedereción de Sindicatos Independientes y Sindical de Funcionarios (CSIF) sobre determinadas condicións especiais de traballo dos veterinarios oficiais integrados mediante o Decreto 237/1992, do 30 de xullo.

Santiago de Compostela, 27 de xuño de 1996.

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública

ANEXO

1º. Ámbito de aplicación.

1.1. Territorial: o presente acordo será de aplicación en toda a Comunidade Autónoma de Galicia.

1.2. Persoal: o presente acordo seralles de aplicación ós veterinarios oficiais integrados mediante o Decreto 237/1992, do 30 de xullo, polo que se determina o réxime xurídico aplicable ó persoal que presta os servicios veterinarios oficiais da Comunidade Autónoma de Galicia, no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, clase veterinarios oficiais e con destino na Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

2º. Vixencia.

O presente acordo entrará en vigor a partir do día seguinte ó da súa aprobación polo Consello da Xunta de Galicia, sendo, non obstante, aplicable á actividade extraordinaria que, se é o caso, se realizase a partir do un de xaneiro de mil novecentos noventa e seis.

3º. Derrogación.

Quedan sen efectos tódolos pactos ou acordos anteriores que versen sobre as mesmas materias, e en especial o acordo aprobado polo Consello da Xunta de Galicia o dezasete de novembro de mil novecentos noventa e catro.

4º. Horarios de traballo.

4.1. Dentro da xornada semanal de trinta e sete horas e trinta minutos, o horario de traballo do persoal dos servicios veterinarios oficiais con destino na Consellería de Sanidade e Servicios Sociais será o seguinte:

4.1.a) Os xefes dos servicios veterinarios oficiais de Saúde Pública das zonas adaptarán o seu horario ás necesidades do servicio.

4.1.b) Os inspectores veterinarios oficiais de Saúde Pública de Matadoiro adaptarán o seu horario á actividade dos matadoiros da respectiva zona ou comarca.

4.1.c) Os inspectores veterinarios oficiais de Saúde Pública de Lonxa adaptarán o seu horario á actividade das lonxas da respectiva zona ou comarca.

4.1.d) Os directores técnico-sanitarios de industrias da alimentación da zona, os asesores técnicos e os inspectores veterinarios oficiais de Saúde Pública de Comarca realizarán un horario entre as 8 e as 21 horas, de luns a venres, mediante o establecemento de quendas obrigatorias con rotación semanal. Establecese con carácter xeral o horario seguinte:

-Quenda de mañá: de 8 h a 15.30 h.

-Quenda de tarde: de 13.30 h a 21 h.

4.1.e) Durante as fins de semana e festivos o horario para os directores técnico-sanitarios de industrias da alimentación, inspectores veterinarios oficiais de Saúde Pública de Comarca e, se é o caso, os xefes dos servicios veterinarios oficiais de Saúde Pública da zona ou os asesores técnicos, quedará determinado pola prestación de servicios nas dúas modalidades de presencia física e/ou de presencia localizada.

As ditas modalidades quedarán determinadas polo xefe dos servicios veterinarios oficiais de Saúde Pública da zona, en función das necesidades da forma seguinte:

1) A presencia física máxima durante a fin de semana non poderá exceder de sete horas e trinta minutos, que se cumprirá nunha banda horaria desde as 8 h ata as 15.30 h, distribuídas entre o sábado

e/ou o domingo. Así mesmo, no caso de que os profesionais realicen esta modalidade de xeito continuado nun só dos períodos, permanecerá o resto da fin de semana na modalidade de presencia localizada.

2) A presencia localizada será efectuada necesariamente desde as 16.30 h ata as 21 h do sábado e domingo, cos medios materiais necesarios, achegados pola Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

3) Durante os festivos coincidentes no período de luns a venres, a prestación de servicios farase segundo a modalidade de presencia localizada, en horario de 10 h a 21 h da seguinte forma:

-De coincidir un único festivo no período semanal, a prestación de servicios correrá a cargo dos veterinarios que teñan asignados os servicios da seguinte fin de semana. Neste caso os servicios da fin de semana correspondente cumpriranse na modalidade de presencia localizada, tanto no horario de mañá como de tarde.

-De coincidir máis dun festivo na mesma semana, faranse cargo dos servicios no primeiro festivo o veterinario ou veterinarios que tiveran asignados os servicios da fin de semana anterior e do segundo os veterinarios que tiveran asignados os servicios da fin de semana seguinte. En ámbolos dous casos os servicios da fin de semana correspondente cumpriranse na modalidade de presencia localizada, tanto no horario de mañá como de tarde.

4.1.f) Durante os sábados, domingos e festivos, nos casos excepcionais en que sexa necesario, o horario para os inspectores veterinarios oficiais de Saúde Pública de Matadoiro e inspectores veterinarios oficiais de Saúde Pública de Lonxa quedará determinado na modalidade de presencia física dun só día, non podendo exceder de sete horas e trinta minutos.

4.1.g) Os xefes dos servicios veterinarios oficiais de Saúde Pública da zona e os xefes do Servicio Provincial de Protección da Saúde estarán obrigados á realización de servicios de apoio durante as fins de semana e festivos. Así mesmo, nos casos en que sexa necesario, os xefes dos servicios veterinarios oficiais de Saúde Pública da zona ou nos casos nos que se determine, os asesores técnicos, cumprirán, durante as fins de semana e festivos, coas funcións asignadas ós inspectores veterinarios oficiais de Saúde Pública de Comarca e directores técnico-sanitarios de industrias da alimentación.

4.1.h) Ocasionalmente e por circunstancias excepcionais, poderán ser establecidos, pola Dirección Xeral de Saúde Pública, servicios extraordinarios, co sistema de compensación retributiva e demais condicións que se recollen no presente acordo.

Corresponderalles ós xefes dos servicios veterinarios oficiais de Saúde Pública da zona a xestión

e control do cumprimento dos horarios, quendas e servicios de fin de semana e festivos, sen prexuízo das atribucións xenéricas que lle corresponden ós delegados provinciais da Consellería de Sanidade e Sociais.

5º. Compensación horaria.

Os servicios de fin de semana na modalidade de presencia física implicarán unha compensación equivalente por hora traballada, para non excede-la xornada semanal de trinta e sete horas e trinta minutos. A compensación efectuarase nun día laboral completo ou fraccionadamente ó longo dunha semana (ó inicio ou ó remate do horario diario) segundo necesidades do servicio, dentro dos trinta días hábiles seguintes ó día da súa realización.

6º. Funcións durante ás fins de semana e festivos.

6.1. Durante as fins de semana e festivos, o persoal asignado á Consellería de Sanidade e Servicios Sociais deberá realiza-las seguintes funcións, sendo o ámbito de actuación a zona veterinaria á que estivesen adscritos:

6.1.1. Os directores técnico-sanitarios de industrias da alimentación, os inspectores veterinarios oficiais de Saúde Pública de Comarca e, se é o caso, os xefes dos servicios veterinarios oficiais de zona ou os asesores técnicos, realizarán:

6.1.1.a) Modalidade de presencia física

-Inspección e control da calidade hixiénico-sanitaria dos alimentos. Estas función só serán necesarias naqueles casos en que se celebren mercados e feiras ou exista actividade nas prazas de abasto. Así mesmo, efectuarase calquera control derivado dunha denuncia.

-Vixilancia e control das condicións hixiénico-sanitarias dos comedores colectivos. Estas funcións só serán necesarias nos casos en que o establecemento estea sometido a un seguimento especial. Así mesmo. efectuarase calquera control derivado dunha denuncia.

-Detección e control de factores de risco das enfermidades de orixe alimentaria; investigación da cadea alimentaria dos abrochos das enfermidades de orixe alimentaria, tanto os que se orixinen nese período como os que se iniciasen con anterioridade e requiran continuidade.

-Vixilancia e inspección das condicións hixiénico-sanitarias das industrias e establecementos de alimentación. Estas funcións só serán necesarias naqueles casos en que a industria ou o establecemento estea sometido a un seguimento especial. Así mesmo, efectuarase calquera control derivado dunha denuncia.

-Inspección e control das fases de elaboración, almacenamento, transporte e comercialización dos productos destinados ó consumo humano. Estas funcións só serán necesarias naqueles casos en que o establecemento estea sometido a un seguimento

especial. Así mesmo, efectuarase calquera control derivado dunha denuncia.

6.1.1.b) Modalidade de presencia localizada.

-As funcións que se realizarán serán as derivadas das alertas que se produzan en materia epidemiolóxica (comunicada polo sistema rede de alerta alimentaria ou outro similar) e cantas denuncias en materia alimentaria se produzan e non poidan ser atendidas durante o período de presencia física.

6.1.2. Durante as fins de semana e festivos os inspectores veterinarios oficiais de Saúde Pública de Matadoiro realizarán :

-Nos casos excepcionais en que os establecementos de sacrificio de animais de abasto, por motivos suficientemente xustificados, soliciten e sexan autorizados para o sacrificio en sábados, domingos ou festivos, a inspección veterinaria será efectuada na modalidade de presencia física dun só día. Para tal efecto elaboraranse en cada zona veterinaria quendas rotatorias obrigatorias. Como máximo, cada inspector veterinario poderá realizar un destes servicios por mes.

6.1.3. Durante as fins de semana e festivos os inspectores veterinarios oficiais de Saúde Pública de lonxa realizarán:

-Nos casos excepcionais e por motivos suficientemente xustificados en que sexa necesaria a presencia nas lonxas en sábados, domingos ou festivos, a inspección veterinaria será efectuada na modalidade de presencia física dun só día. Para tal efecto elaboraranse en cada zona veterinaria quendas rotatorias obrigatorias. Como máximo, cada inspector veterinario poderá realizar un destes servicios por mes.

6.1.4. A expresión «traballos fóra de horario» que aparece no presente acordo deberase entender como traballos fóra do horario normal de mañá.

7º. Aspectos retributivos.

7.1. O persoal facultativo dos servicios veterinarios oficiais de Galicia asignados á Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, polo cumprimento da actividade extraordinaria antes descrita, percibirá as seguintes contías retributivas, todas elas en concepto de complemento de productividade, de acordo co disposto no artigo 64.3 c) da Lei 4/1988, da función pública de Galicia:

a) Os directores técnico-sanitarios de industrias da alimentación, os inspectores veterinarios oficiais de Saúde Pública de Comarca e os asesores técnicos, polos traballos fóra de horario no seu horario semanal e o cumprimento de servicios de fin de semana percibirán:

-Traballos fóra do horario: 36.000 ptas. quenda de tarde.

-Servicios de fin de semana: 15.000 ptas./fin semana.

Co fin de acada-la maior uniformidade no reparto da realización de traballos fóra do horario normal da quendas de mañá e servicios de fin de semana nas diferentes zonas veterinarias establecerase un sistema de quendas obrigatorias e rotatorias que non exceda un máximo de 6 quendas de tarde e 6 servicios de fin de semana ó ano para cada un destes profesionais.

Para tal efecto establécese, con carácter xeral, que a quenda de traballos fóra de horario, corresponde ó cumprimento de dez tardes ó bimestre para cada un destes profesionais Nos casos en que a xestión de persoal da zona veterinaria así o requira poderá ser autorizado pola Dirección Xeral de Saúde Pública, logo da presentación da xustificación motivada polo xefe dos servicios veterinarios oficiais de Saúde Pública da zona, a reducción no número de tardes que deberá cumprir cada profesional no trancurso do bimestre, non podendo en ningún caso ser inferior a cinco tardes ó bimestre.

b) Os inspectores veterinarios oficiais de Saúde Pública de Matadoiro e os inspectores veterinarios oficiais de Saúde Pública de lonxa pola adaptación do seu horario á actividade de matadoiros e lonxas e o cumprimento de servicios de fin de semana ou festivo percibirán:

-Adaptación do seu horario á actividade: ata 20.000 ptas.

-Servicio fin de semana e festivo: 7.500 ptas./día.

c) Os xefes dos servicios veterinarios oficiais de Saúde Pública da zona e os xefes do Servicio Provincial de Protección da Saúde, polo cumprimento de servicios de fin de semana de apoio ós directores técnico-sanitarios de industrias da alimentación e inspectores veterinarios oficiais de Saúde Pública de Comarca, percibirán unha contía de 10.000 ptas./fin semana.

No caso de que os xefes dos servicios veterinarios oficiais de Saúde Pública da zona nos servicios de fin de semana substitúan ós directores técnico-sanitarios de industrias da alimentación e inspectores veterinarios oficiais de Saúde Pública de Comarca, percibirán unha contía total e única de 20.000 ptas./fin de semana.

7.2. En calquera caso a aplicación orzamentaria do complemento de producctividade establecido segundo a actividade extraordinaria que regula este acordo e en consonancia cos módulos retributivos fixados, quedará limitada ás dotacións orzamentarias iniciais que anualmente se establezan para a consellería e sempre tendo en conta o disposto no apartado e) do artigo da Lei 11/1995, do 28 de decembro, de presupostos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 1996.

No presente exercicio de 1996, a dotación da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais é de setenta e seis millóns de pesetas.

8º. Mobilidade en zona.

8.1. Mobilidade do persoal dos servicios veterinarios oficiais de Saúde Pública de Comarca.

Co fin de acadar unha maior racionalización na distribución dos recursos de persoal asignado a cada zona veterinaria e mantendo as comarcas veterinarias deseñadas para a súa coordinación, poderase determina-la mobilidade dos inspectores veterinarios oficiais de Saúde Pública de Comarca dentro da súa zona veterinaria nos seguintes supostos:

8.1.a) Necesidade de aumenta-la dotación de inspectores veterinarios oficiais de Saúde Pública dunha comarca determinada polo incremento temporal das súas cargas de traballo.

8.1.b) Necesidade de aumenta-la dotación de inspectores veterinarios oficiais de Saúde Pública de Comarca nos casos de investigación e seguimento de alertas epidemiolóxicas que se produzan na zona veterinaria.

8.1.c) Cobertura de vacantes temporais en razón de licencias e permisos previstos na vixente normativa da función pública da Comunidade Autónoma de Galicia, ata tanto non sexan cubertas por substitutos. En ningún caso a cobertura de vacantes temporais terá unha duración superior a 10 días hábiles.

A mobilidade dos efectivos en ningún caso será permanente e terá unha duración máxima de 25 días hábiles ó ano, cumprido de xeito fraccionado ou continuado. Para os efectos do cumprimento do horario, computarase como traballo efectivo a partir da saída da oficina comarcal á que estivera asignado o persoal. Así mesmo, para os efectos do desprazamento tomarase como punto de partida a citada oficina comarcal.

8.2. Mobilidade do persoal dos servicios veterinarios oficiais de Saúde Pública de Matadoiro

Co fin de acadar unha maior racionalización na distribución dos recursos de persoal asignado a cada zona veterinaria e mantendo as comarcas veterinarias deseñadas para a súa coordinación, poderase determina-la mobilidade dos inspectores veterinarios oficiais de Saúde Pública de Matadoiro dentro da súa zona veterinarianos seguintes supostos:

8.2.a) Nos casos de peche dos establecementos autorizados para o sacrificio dos animais de abasto, o persoal afectado poderá pasar a desempeña-las súas funcións noutro establecemento dentro da súa zona veterinaria.

8.2.b) Nos casos en que se evidencie, a través dos controis trimestrais, o aumento de volume de actividade dun establecemento autorizado para o sacrificio de animais de abasto ou se xustifique documentalmente este feito. O previsto neste suposto en ningún caso suporá o desprazamento do funcionario por riba de 75 días hábiles ó ano, cumpridos de maneira fraccionada ou continua.

8.2.c) Nos casos en que se evidencie, a través dos controis trimestrais, a diminución do volume de actividade dun establecemento autorizado para o sacrificio de animais de abasto, de xeito tal que se xustifique unha diminución da dotación de inspectores veterinarios, o funcionario/os afectado/os pasará a desempeña-las súas funcións noutro establecemento dentro da súa zona veterinaria. O previsto neste suposto en ningún caso suporá o desprazamento do funcionario por riba de 75 días hábiles ó ano, cumpridos de maneira fraccionada ou continua.

8.2.d) Nos casos en que inicie a súa actividade un establecemento autorizado para o sacrificio de animais de abasto, ata tanto non sexa prevista a creación de novas prazas de inspector veterinario oficial de Saúde Pública de Matadoiro coa publicación da relación de postos de traballo correspondente ou se articule un sistema de contratación do persoal necesario. Neste caso producirase unha reasignación das prazas de inspector veterinario oficial de Saúde Pública de Matadoiro dentro da zona. O previsto neste suposto en ningún caso suporá o desprazamento do funcionario por riba de 75 días hábiles ó ano, cumpridos de maneira fraccionada ou continua.

8.2.f) Cobertura de vacantes temporais en razón de licencias e permisos previstos na vixente normativa da función pública da Comunidade Autónoma de Galicia, ata tanto non sexan cubertas por substitutos. En ningún caso a cobertura de vacantes temporais terá unha duración superior a 5 días hábiles.

Nos casos en que, como consecuencia da mobilidade, o persoal se despraze dentro da zona veterinaria e para iso, voluntariamente, utilice un vehículo non oficial, o seu uso será compensado retributivamente segundo os criterios xerais de pagamento de locomoción. Para os efectos do cumprimento do horario e desprazamento, tomarase como punto de partida a oficina comarcal.

8.3. Mobilidade do persoal dos servicios veterinarios oficiais de Saúde Pública de Lonxa

Co fin de acadar unha maior racionalización na distribución dos recursos de persoal asignado a cada zona veterinaria e mantendo as comarcas veterinarias deseñadas para a súa coordinación, poderase determina-la mobilidade dos inspectores veterinarios oficiais de Saúde Pública de Lonxa dentro da súa zona veterinaria naqueles casos nos que se precise que unha mesma persoa cumpra as súas funcións, durante a súa xornada laboral diaria, entre unha ou varias lonxas dentro da súa zona veterinaria.

Nos casos en que, como consecuencia da mobilidade, o persoal se despraze dentro da zona veterinaria e para iso, voluntariamente, utilice un vehículo non oficial, o seu uso será compensado retributivamente segundo os criterios xerais de pago

de locomoción. Para os efectos do cumprimento do horario e desprazamento, tomarase como punto de partida a oficina comarcal.

O previsto neste suposto en ningún caso suporá o desprazamento do funcionario por riba de 75 días hábiles ó ano, cumpridos de maneira fraccionada ou continua.

8.4. Mobilidade do persoal dos servicios veterinarios oficiais de Saúde Pública de Comarca para realizar funcións desempeñadas polos inspectores veterinarios oficiais de Saúde Pública de Matadoiro ou de Lonxa.

Este tipo de mobilidade só se poderá determinar no seguinte suposto:

8.4.a) Nos casos de cumprimento de permisos por nacemento dun fillo, morte ou enfermidade grave dun familiar ata o segundo grao de afinidade ou consanguinidade, para a realización de funcións sindicais e licencias por enfermidade dos inspectores veterinarios oficiais de Saúde Pública de Matadoiro nos que a mobilidade estipulada no punto 8.2.f) non fose suficiente.

Este suposto terá carácter temporal ata tanto a Consellería da Presidencia e Administración Pública non faga efectivo un sistema de nomeamento inmediato para a cobertura de vacantes temporais.

Así mesmo, o previsto neste suposto, en ningún caso terá unha duración superior a 3 días hábiles, por licencia ou permiso.

9º. Comisión de seguimento.

Créase unha comisión para o seguimento do recollido no presente acordo. A composición desta comisión, na que participará a Administración da Xunta conxuntamente cos representantes sindicais, determinarase con posterioridade.

En Santiago de Compostela o 7 de xuño de 1996.

4677